Santos
Coordenadas: 23°57′39″S 46°20′02″O / -23.96083, -46.33389
Santos | |||
---|---|---|---|
Panorama de Santos | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | São Paulo | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 msnm | ||
Superficie | 280,3 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 417.098 hab. (2009) | ||
Densidade | 1.492,3 hab./km² | ||
Xentilicio | santista | ||
Outros datos | |||
Código postal | 11000-001 a 11249-970 | ||
Alcalde | João Paulo Tavares Papa | ||
Santos |
Santos é unha cidade do litoral do estado de São Paulo, dende sitúase o principal porto marítimo do Brasil e tamén da América Latina, o Porto de Santos. Está a 70 km de distancia da capital do estado, a cidade de São Paulo, a cal se liga por dúas estradas: Rodovia Anchieta (máis antiga) e Rodovia dos Imigrantes (máis moderna). Para transporte de carga hai tamén dúas liñas de ferrocarril dirixíndose ó interior do estado e pasando pola capital. Tamén se liga coa cidade do Río de Xaneiro pola estrada Rio-Santos.
Uns 39 km² do municipio están na parte leste da illa de San Vicente, moi chá e xunto á costa, na cal se concentra a maioría da súa poboación. Os máis de 230 km² situados no continente son pouco poboados e posúen reservas ecolóxicas de Mata Atlántica.
Santos vive do seu porto, do turismo, dalgunhas industrias importantes, e ten un variado comercio, bancos e servizos. No verán no hemisferio sur (decembro ata febreiro) o movemento de turistas -principalmente da capital e das cidades do interior do estado- crece moito, pero decrece despois, ata o mes de xullo, que e o segundo período de vacacións escolares no Brasil. Moitos xubilados que traballaron na capital do estado múdanse para Santos despois da xubilación. Así, as persoas de máis de 65 anos representan hoxe case 20 % da súa poboación total.
O Santos Futebol Clube é o principal equipo da cidade, onde xogou un dos xogadores brasileiros de fútbol máis coñecidos de todos os tempos: Pelé.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santos |