Ata o 19 de maio de 1995 Bertioga era un distrito da cidade de Santos, converténdose ese día en concello de seu.
O naziJosef Mengele morreu por afogamento nunha das praias da cidade en 1979, sendo posteriormente enterrado na cidade de Embu, no estado de São Paulo. Como Mengele usaba un nome falso cando estivo fuxido no Brasil, a súa identidade non foi descuberta inmediatamente e só foi coñecida anos despois, cando o seu corpo foi exhumado.