Santo André, São Paulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Santo André
Bandeira Santo André.png Brasão Santo André.gif
Estado São Paulo
Superficie 175 km²
Poboación
Densidade
673 234 (2006)
3.850,6/km²
Altitude 755 msnm
Latitude 23° 39' 50" S
Lonxitude 46° 32' 18" O
Distancia de São Paulo 18 Km
Código postal (CEP) 09000-000
Administración municipal: Prefeitura Municipal de Santo André - Praça IV Centenário, 01 - Paço Municipal
Internet: www.santoandre.sp.gov.br
Alcalde (Prefeito) João Avamileno
Mapa en São Paulo
SaoPaulo Municip SantoAndre.svg

Santo André é unha importante cidade industrial e comercial na Megalópole de São Paulo. Co crecemento industrial brasileiro das décadas de 1950 e 1960, a cidade recibiu industrias de pezas para automóbiles, equipamentos eléctricos e motores, produtos químicos, pezas de plástico, téxtiles, e outras e, a partir de entón, tivo un gran crecemento poboacional. É hoxe unha das máis grandes cidades do estado e, a pesar dalgunhas industrias teren cerrado as súas fábricas na cidade (despois de que os terreos para expansión foran escasos) e as teren transferido a outros puntos do Brasil, o comercio e os servizos da cidade permaneceron e diversificáronse.

Por ser veciña á cidade de Sao Paulo, unida a esta por diversos medios de transporte (ferrocarril, ómnibus), e os seus límites xeográficos confundírense, mesmo os seus habitantes que traballan na capital fan compras e pagan os seus impostos na cidade, ademais de seren utilizados os seus servizos por persoas de cidades veciñas, inclusive da capital. Así, a súa dinámica económica permanece.

Vista da Vila de Paranapiacaba.

Pertence á cidade o antigo distrito de Paranapiacaba, xurdido coa instalación do ferrocarril que uniu a cidade de Santos a Jundiaí en 1872. Era un acampamento dos traballadores da construción e dos enxeñeiros ingleses que proxectaron o ferrocarril. A estación do ferrocarril na vila de Paranapiacaba ten unha curiosa copia do reloxo Big Ben, ademais dun museo ferroviario.