Santiago Rusiñol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santiago Rusiñol i Prats»)
Infotaula de personaSantiago Rusiñol

(1906) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Santiago Rusiñol i Prats Editar o valor em Wikidata
25 de febreiro de 1861 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Aranjuez, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc, via Santa Eulàlia 3, panteó número 16 41°21′10″N 2°09′07″L / 41.352745, 2.151915 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcadémie de La Palette (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , xornalista , novelista , crítico de arte , pintor , escritor , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo catalán Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioJordi de Peracamps Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLluïsa Denís i Reverter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMaria Rusiñol i Denís (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlberto Rusiñol Prats (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 17031549 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Santiago Rusiñol de Aranjuez.
Sinatura de Santiago Rusiñol (1893-1894)

Santiago Rusiñol i Prats, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1861 e finado en Aranjuez o 13 de xuño de 1931, foi un pintor e escritor catalán. Foi un personaxe importante da Renaixença literaria e cultural de Cataluña, e do mundo intelectual e bohemio da Barcelona do seu tempo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de industriais do téxtil, procedentes de Manlleu. Formouse no Centro de acuarelistas de Barcelona e foi discípulo de Tomás Moragas. Viaxou a París en 1889, onde viviu en Montmartre xunto con Ramón Casas e con Zuloaga.

Familiarizouse co simbolismo e a pintura ao aire libre. Tras regresar a Cataluña funda en Sitges o taller-museo do Cau e frecuenta os faladoiros do café Els Quatre Gats. A súa posición social e económica, acomodada, permitiulle facer frecuentes viaxes. En 1908 recibiu a medalla da Exposición Nacional de Belas Artes.

A súa pintura está moi influenciada polos impresionistas e ten temática paisaxista, tanto rural como urbana, retratos e composicións simbólicas de inspiración modernista. Ao comezo da súa carreira incluía figuras humanas. Nas etapas finais só pintaba paisaxes, especialmente dos Reais Sitios como Aranjuez ou La Granja.

Na súa obra literaria inclúense poemas en prosa (Oracions, 1987), dramas como L'alegría que passa (1898), Cigals i formigues (1901), La bona gent (1906) e novelas costumistas como L'auca do senyor Esteve (1907), que foi adaptada ao teatro por Rusiñol en 1917, La nena Gorda (1914), El catalá de la Mancha (1917) ou En Josepet de Sant Celoni.

Tamén escribiu para xornais como La Vanguardia ou revistas como L'Esquella de la Torratxa.

Estivo en Buenos Aires, en Rosario e en Córdoba para o centenario da Revolución de Maio, en 1910; estreando obras súas.

Faleceu mentres pintaba os seus famosos xardíns de Aranjuez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]