Santiago Grisolía
Santiago Grisolía García, nado en Valencia o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 2022,[1][2] foi un bioquímico valenciano.[3] Foi nomeado Marqués de Grisolía en 2014.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Santiago Grisolía comezou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid[5] pero marchou á Universidade de Valencia onde se licenciou en 1944[6] con matrícula de honra[7] e, posteriormente, obrivo o doutoramento na Universidade de Madrid. En xaneiro de 1946 conseguira unha bolsa de ampliación de estudos para os Estados Unidos e marchou ao Departamento de Bioquímica e Farmacoloxía na Universidade de Nova York, que estaba baixo a dirección de Severo Ochoa de quen foi un dos seus discípulos.[6] Nesta universidade, comezou as súas investigacións sobre a fixación do dióxido de carbono, un tema que nunca abandonou.[3]
Publicou máis de catrocentos traballos científicos e unha trintena de artigos divulgativos. Tamén desenvolveu un enorme labor docente e investigador ao longo de moitos anos en moitos países europeos e americanos. Foi profesor de bioquímica e bioloxía na Universidade de Chicago (1946), Wisconsin (1948) e profesor adxunto do departamento de Medicina e Bioquímica na de Kansas (1954) do que chegou a ser director[5] e, despois, catedrático[8] e ampliou as súas investigacións sobre o ciclo da urea (mecanismo polo cal os mamíferos eliminan un produto da degradación das proteínas que é tóxico para eles) e demostrou que a citrulina é un intermediario neste ciclo.
En 1977, retornou a España para dirixi-lo Instituto de Investigacións Citolóxicas de Valencia.[6] En 1979, foi elixido académico da Real Academia de Farmacia de Madrid e, en 1980, secretario da Fundación Valenciana de Estudos Avanzados.[5]
En 1988, participou na organización en Valencia da primeira Conferencia Internacional para o Proxecto sobre o Xenoma Humano[9] e, ese mesmo ano,.foi designado Presidente do Comité de Coordinación Científica do Proxecto Xenoma Humano para a UNESCO,[6][8] foi vicepresidente do Padroado da Fundación Valenciana de Investigación Biomédica e, en 1995, asesor do presidente da Generalitat Valenciana para a Ciencia e a Tecnoloxía. Presidiu o Consello da Cultura Valenciana dende 1996 ata a súa morte,[6] e os consellos consultivos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Valencia e dos Museos Científicos de Cuenca e Valencia.[3][10]
Foi o promotor e impulsor dos premios de investigación Jaume I, da Generalitat valenciá.[9][7]
Morreu o 4 de agosto de 2022, por mor das complicacións ocasionadas pola Covid-19.[9]
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Até xaneiro de 2001, tiña publicadas máis de 480 publicacións científicas, 8 libros e máis de 100 artigos de divulgación xeral.[11]
Ten pulbicado máis de 400 traballos científicos[9] e aquí destácase unha pequena escolma:
Obras individuais
[editar | editar a fonte]- (2000). Compromisos con el futuro del Proyecto genoma humano. Fundación BBVA. ISBN 978-84-95163-37-0
- (2001). Trasplantes y clonación de células humanas en el siglo XXI. Fundación BBVA. ISBN 978-84-95163-42-4
- (2006). La gripe aviaria: un reto de salud. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. ISBN 978-84-8427-472-8
- Grisolía, Santiago (2006). Vivir para la ciencia. Institución Alfonso el Magnánimo (Valencia). ISBN 978-84-7822-475-3
- (2007). Cambio climático y sus consecuencias. Valencia (Comunidad Autónoma). ISBN 978-84-482-4771-3
- (2007). Severo Ochoa: un científico apasionado. Fundación BBVA. ISBN 978-84-96515-59-8
- (2008). Biodiversidad. Valencia (Comunidad Autónoma). ISBN 978-84-482-5067-6
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Sols, Alberto; Grisolía, Santiago (1988). Severo Ochoa en imágenes. Fundación Colegio Libre de Eméritos Universitarios. ISBN 978-84-404-2060-2
- Sanmartín Esplugues, José; Grisolía, James S.; Grisolía, Santiago (1998). Violencia, televisión y cine. Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-7465-9
- Puigdomènech, Pere; Grisolía, Santiago; Ayala, Francisco J. (2002). Genética. Círculo de Lectores. ISBN 978-84-226-9669-8
- Grisolía, Santiago; Puigdomènech, Pere; Ayala, Francisco J. (2003). Genética. Nuevas Ediciones de Bolsillo. ISBN 978-84-9759-560-5
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1990 recibiu, xunto con Salvador Moncada, o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica[7] "polo seu traballo científico na área da Bioquímica en campos moi diversos, principalmente na enzimoloxía do metabolismo do nitróxeno relacionado co ciclo da urea e a degradación das pirimidinas".[3]
No ano 2000,recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria.[12]
Foi membro da Academia Europea de Ciencias e Artes, presidente do Consello Valenciano da Cultura, académico de honra da Real Academia de Doutores de España, membro fundador do Colexio Libre de Eméritos e Doutor Honoris Causa polas Universidades de Salamanca, Barcelona, Valencia,[8] Madrid, León, País Vasco, Siena, Florencia, Kansas,[8] As Palmas de Gran Canaria, Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Lisboa, Universidade Nacional de Educación a Distancia e Universidade de Castela-A Mancha.[13]
En 2014, foi nomeado por Xoán Carlos I, marqués de Grisolía polo seu "prolongado e encomiable labor investigador e docente", e pola súa "contribución ao coñecemento científico".[6]
En marzo de 2018 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Frances Thompson, profesora asistente da facultade de Medicina de Madison, a quen coñeceu alñi durante a súa estancia en 1945, e co que permaneceu casado até a morte dela en setembro de 2017.[9][14] Tiveron dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (4 de agosto de 2022). "S’ha mort Santiago Grisolía, el bioquímic que va dirigir el projecte del genoma humà". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Martí, Joan Carles (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía a los 99 años". levante-emv.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Santiago Grisolía". cvc.gva.es (en catalán). 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ BOE (14 de maio de 2014). "Real Decreto 353/2014, de 13 de mayo, por el que se concede el título de Marqués de Grisolía a don Santiago Grisolía García.". Boletín Oficial del Estado (117): 37785 a 37785.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Fernández, Tomás; Tamaro, Elena (2022). "Santiago Grisolía García". Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Redacción/EFE (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía, el gran divulgador y científico valenciano". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Bono, Ferrán; Criado, Miguel Ángel (4 de agosto de 2022). "Muere el científico valenciano Santiago Grisolía". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Santiago Grisolía García". upv.es (en castelán). 2020. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Redacción (4 de agosto de 2022). "Muere Santiago Grisolía, eminente científico español". elcorreoweb.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Las Corts renuevan el Consell Valencià de Cultura al elegir a 14 nuevos consejeros".
- ↑ "Santiago Grisolía (España)". Sociedade Internacional de Bio Ética (SIBI) (en castelán). 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Ramírez Jiménez, David (22 de outubro de 2014). "Medalla al Mérito en la Investigación y la Educación Universitaria". numismaticodigital.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Fundación Valenciana de Estudios Avanzados (12 de xullo de 2013). "Curriculum Vitae. Profesor D. Santiago Grisolia". fvea.es (en castelán). Archived from the original on 12 de xullo de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Torre, Noa de la (4 de agosto de 2022). "Santiago Grisolía, el científico marqués que abrió Valencia a los Nobel". elmundo.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Grisolía |
- Profesores da Universidade de Wisconsin–Madison
- Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid
- Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca
- Doutores honoris causa pola Universidade Politécnica de Valencia
- Alumnos da Universidade de Nova York
- Doutores honoris causa pola Universidade de Valencia
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Alumnos da Universidade de Valencia
- Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica
- Profesores da Universidade de Chicago
- Doutores honoris causa pola Universidade de Barcelona
- Finados pola COVID-19 en España