Antonio Martínez Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mori
Información persoal
Nome completoAntonio Martínez Sánchez
Nacemento15 de decembro de 1951 (66 anos)
LugarBarbate, España
Altura1,76 m.
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1969-1971Atlético Malagueño
1970–1972CD Málaga13(2)
1972–1973CD San Fernando23(7)
1973-1975Cádiz CF25(5)
1975-976Cacereño(14)
1976-1984Celta de Vigo223(42)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Antonio Martínez Sánchez, nado en Barbate (Cádiz) o 15 de decembro de 1951, é un ex-futbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Atlético Malagueño, filial do CD Málaga, debutando co primeiro equipo na tempada 1970/71 en Primeira División. En 1972 fichou polo CD San Fernando e un ano despois polo Cádiz CF.

No verán de 1975 fichou polo Cacereño, porén antes de que rematara a tempada 1975/76 fichouno o Celta de Vigo para xogar en Segunda División. Esa tempada do seu debut significaría o ascenso do club galego a Primeira División. Militou no Celta nove tempadas, nas que xogou en tres categorías diferentes, Primeira, Segunda e Segunda B durante a tempada 1980/81, pero foi un fixo no equipo titular durante todos eses anos e para tódolos técnicos.

Durante a súa carreira foi internacional coa Selección de fútbol de España en categoría xuvenil, sub-21 e olímpica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]