San Cibrán de Barcala, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
San Cibrán de Barcala | |
---|---|
Cruceiro a carón da igrexa parroquial. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′48″N 8°44′59″O / 42.93, -8.7496 |
Área | 1,96 km² |
Poboación | 122 hab. (2016) |
Densidade | 62,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cibrán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 122 habitantes (68 mulleres e 54 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.
Historia[2]
[editar | editar a fonte]Existen poucos vestixios do Neolítico na parroquia. Atópase un grupo de dúas mámoas chamadas as de Tarroeira. Ambalas dúas están nun aparente bo estado de conservación. Da Idade de Ferro hai un asentamento fortificado denominado o Cotón dos Castros, cun pequeno parapeto moi esmorecido polas labores agrícolas. Unha gran parte da croa encóntrase dentro do concello de Negreira.[3]
Esta parroquia é un anexo de San Mamede de Monte, pero non foi así sempre. No ano 1334 ten relación cos señores Soga Mariño de Lobeira, dado que dona Leonor González, viúva de Ruy Soga, deixa no testamento unha cantidade para a restauración da igrexa. Esta familia entronca cos Mariño e os Lobeira que son os señores do Pazo de Cotón e outros de Barcala. No ano 1607 pertencía ao Arcediagado de Trastámara. No 1640, un visitador en nome do cardeal Spínola, observando o estado ruinoso da igrexa, manda que se fagan as obras necesarias baixo ameaza de excomuñón. En 1778 é motivo de disputa a pertenza desta parroquia; entre o mosteiro de San Martíño Pinario, á que pertencía Monte, e o Arcediagado de Trastámara. No 1791 é necesario realizar unha nova igrexa e o visitador manda que os veciños se sirvan da igrexa de Covas. Isto provoca unha protesta entre a veciñanza de Covas na que non deixan a súa igrexa nin os seus fondos para os de San Cibrán. Como son as cousas, pois na actualidade a misa dominical repártese unha semana nunha parroquia e outra semana na outra.
A finais do século XVIII complétase a nova igrexa, de estilo neoclásico, pero coa renovación pérdense os vellos retablos e moitas imaxes como a de San Blas e San Bartolomeu, aínda que as maiores perdas están nos obxectos de orfebrería.
Como curiosidade, o campanario da igrexa está separado desta, estando situada na parte alta da carballeira que rodea a igrexa de San Cibrán da Barcala.
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]Muíños[4]
[editar | editar a fonte]En San Cibrán non hai. O muíño da Fontenla, na parroquia de Covas, figura a nome duns veciños de San Cibrán.
Pombais[4]
[editar | editar a fonte]- Pombal en San Cibrán
Festas
[editar | editar a fonte]- 2º domingo de xuño: Santa Lucía
- 14 de setembro: San Cibrán
- 15 de setembro: O Pilar
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Cibrán de Barcala
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Cibrán de Barcala no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Concello da Baña. Guía da Baña. Concello da Baña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 4,0 4,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.