Saltasebes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Saltasebes
Bryonia dioica Sturm64.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Benincaseae
Subtribo: Benincasinae
Xénero: Bryonia
Especie: 'B dioica'
Nome binomial
''Bryonia dioica
Jacq.

A saltasebes, nabo caíño ou nabo da noula[1] Bryonia dioica é unha planta rubideira da familia Cucurbitaceae (familia dos cogombros e melóns) que medra en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta rubideira, por medio dos gabiáns que xorden das axilas das súas follas, os cales lle permiten adherirse a outras plantas, árbores ou soportes poidendo acadar os tres metros de altura. Posúe follas pentalobuladas e flores azuis ou abrancazadas. O froito é unha baga de cor vermella.

Mora nos bosques da Europa meridional e central, ademais do continente americano.

Flor.
Follas.
Froitos.
Bryonia dioica
Raíz.

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

O seu zume aplicado externamente é rubefaciente e vesicante até producir ulceracións. Por vía gástrica produce vómitos, cólico e diarrea con evacuación de sangue, aínda a pequenas doses. A doses maiores, inflama os riles, produce vertixe e excitación nerviosa até producir a paralización do sistema nervioso central e a morte.

Os bolos tenros pódense comer, son estomacais. O froito é bo para a sarna aplicado en Faubert. Os froitos serven para depilar as peles (Teofrasto)

A raíz apáñase de outubro a novembri, hai quen a come, despois de tela cocido repetidas veces, cambiando a auga cada vez, pois nesta debótanse os tóxicos, ou boa parte destes, de todos os xeitos, é mellor non utilizar esta planta, agás por prescrición facultativa, por mor á súa perigosidade. Utilízase nalgunhas fórmulas homeopáticas.

Os gomos tenros, previa eliminción dos gabiáns e as bagas verdes, son comestíbeis e teñen un sabor delicioso. Previa fritura, sóense facer con ovos revoltos ou en tortilla (como se fai coas espinacas, ou os allos tenros).

Principios activos: contén principios amargos: cucurbitacina D (triterpenoide). Saponósidos. Vesticiod de aceite esencial. Taninos. Fitosterois. Flavonoides. Alcaloides: brionicina. Outras fontes: Amidón, brirresina, fitosterina, brionina, azucre invertido, substancia amorfa, non determinada quimicamente, con propiedades purgantes.[2]

Indicacións: A cucurbitacina D é un purgante drástico, emético. A planta fresca ten unha acción rubefaciente e incluso vesicante. Téñense usado lavativas de decocto da planta para as hemorroides. Tamén contra o reumatismo e a ciática.[2]

A raíz fresca e o zume, en uso tópico, producen un potente efecto rubefaciente, podendo provocar vesicación e incluso ulceracións cutáneas e necrose. Toda a planta é tóxica. A súa inxesta (6-8 froitos) causa irritación gastrointestinal, con vómitos, diarreas coleriformes, hemorraxias intestinais; nefrite. En doses altas pode producir a morte por colapso cardio-respiratorio.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Bryonia dioica foi descrita por Nikolaus Joseph von Jacquin e publicado en Florae Austriaceae 2: 59–60, pl. 199. 1774.[3]

Sinonimia

Nome común[editar | editar a fonte]

Saramago, samargo, saltasebes, salgueiriña, ouropés, nabo xairo, nabo fero, nabo do porco teixo, nabo de xerro, nabo de nouza, nabo de norza, nabo de noz, nabo da bouza, nabo da bouga, nabo da boudaña, nabo caíño, nabo caín, nabo bravo, nabo, labresto, labestro, enredadera brava, beldro, amargo e aceda brava.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. 2,0 2,1 2,2 "Bryonia dioica". Plantas útiles: Linneo. Consultado o 12 de novembro de 2009. 
  3. "Saltasebes". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  4. Sinónimos en Tela Botánica
  5. "Nabo da nouza, nabo caíño (Bryonia dioica Jacq.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 8 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Creynaud J. La flora del farmacéutico. Ediciones Mundi-Prensa, 2002.
  • Bruneton J. Plantas tóxicas, Acribia, Colección: Ciencias biomédicas, 2001.
  • Font P. Plantas medicinales, Labor, 1980.
  • Díaz T. Curso de botánica, Trea ciencias, 2004.
  • Caron M, Clos H. Plantas medicinales, Ediciones Daimon i Manuel Tamayo de 1973.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]