Salome Zurabishvili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salome Zurabishvili
SaloméZourabichvili.JPG
Nome completoSalomé Nino Zourabichvili
Nacemento18 de marzo de 1952
 París
NacionalidadeFrancia e Xeorxia
Alma máterInstituto de Estudos Políticos de París, Universidade de Columbia e School of International and Public Affairs, Columbia University
Ocupacióndiplomática, estadista e política
PaiLevan Zurabishvili
NaiZeinab Kedia
CónxuxeJanri Kashia e Nicolas Gorjestani
FillosTeimuraz Gorjestani e Ketevan Gorjestani
PremiosKnight of the National Order of Merit, cabaleiro da Lexión de Honor, Knight of the Order of the Star of Italian Solidarity e Order of Merit of the Republic of Poland
Salome Zurabishvili-signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Salome Zurabishvili (en xeorxiano: სალომე ზურაბიშვილი), nada en París o 18 marzo de 1952, é unha política franco-xeorxiana, actual presidenta de Xeorxia. É a primeira muller elixida como presidenta de Xeorxia e servirá unha lexislatura de seis anos.[1] Debido aos cambios constitucionais que entrarán en vigor en 2024, espérase que Zurabishvili sexa a última presidenta popularmente elixida, pois os futuros xefes de Estado serán elixidos por un Colexio Electoral.

Diplomática de carreira, Zurabishvili ocupou o cargo de embaixadora de Francia en Xeorxia antes de converterse en Ministra de Asuntos Exteriores de Xeorxia desde 2004 a 2005. Como Ministra de Asuntos Exteriores Zurabishvili asinou o tratado de 2005 que levou á retirada das forzas rusas do territorio non disputado de Xeorxia. Tamén formou parte do comité de sancións a Irán do Consello de Seguridade da ONU como coordinadora do Panel de Expertos. Fundou o partido A vía xeorxiana en 2006, liderándoo até 2010. Foi elixida ao Parlamento en 2016, como independente.

Nas eleccións presidenciais de Xeorxia de 2018, Zurabishvili presentouse como candidata independente, e foi apoiada polo partido Soño Xeorxiano. Gañou en segunda volta contra Grigol Vashadze.

Biografía[editar | editar a fonte]

Zurabishvili naceu en París nunha familia de exiliados políticos xeorxianos. O seu pai, Levan (1906-1975), era enxeñeiro e serviu como presidente da Diáspora Xeorxiana en París. Era neto de Niko Nikoladze, un socialdemócrata xeorxiano prominente de finais do século XIX e membro de Meore Dasi, un grupo de intelectuais liberais xeorxianos.[2] A súa nai, Zeinab Kedia (1921-2016), estaba relacionada por matrimonio con Noe Ramishvili, o primeiro primeiro ministro da República Democrática de Xeorxia.[3] Zurabishvili ten un irmán, Otar.[3] Asistiu a algunhas das escolas francesas máis prestixiosas, como o Instituto de Estudos Políticos de París e comezou un mestrado na Universidade de Columbia de Nova York no curso académico 1972-1973, recibindo clases con Zbigniew Brzezinski.

Carreira[editar | editar a fonte]

Carreira diplomática[editar | editar a fonte]

Zurabishvili abandonou os seus estudos e uniuse ao servizo exterior francés en 1974, converténdose en diplomática de carreira destinada en Roma, nas Nacións Unidas, Bruxelas, Washington, etc. A primeira vez que Zurabishvili visitou Xeorxia foi en 1986 durante un descanso do seu traballo na embaixada francesa en Washington.

Salome Zurabishvili foi xefa da División de Asuntos Internacionais e Estratéxicos da Secretaría Xeral de Defensa Nacional de Francia en 2001-2003.[4] Foi nomeada como embaixadora de Francia en Xeorxia en 2003.

Ministra de Asuntos Exteriores, 2004-2005[editar | editar a fonte]

O presidente de Xeorxia Mikhail Saakashvili nomeouna como ministra de Asuntos Exteriores do seu novo goberno. Zurabishvili converteuse na primeira muller neste posto o 18 de marzo de 2004.

Zurabishvili foi coordinadora do Panel de Expertos asistente ao Comité de Sancións a Irán do Consello de Seguridade de Nacións Unidas.[5]

Como ministra de Asuntos Exteriores de Xeorxia, Zurabishvili foi a principal negociadora do acordo para a retirada das bases militares rusas do territorio de Xeorxia, que foi asinado co ministro ruso de Asuntos Exteriores Serguei Lavrov o 19 de maio de 2005.[6] Durante o seu mandato, creouse o "Novo Grupo de Amigos de Xeorxia", que agrupa a Ucraína, Lituania, Letonia, Estonia, Romanía, Bulgaria, República Checa e Polonia para axudar ás aspiracións de Xeorxia respecto á OTAN e favorecer a integración europea.

Zurabishvili foi despedida polo primeiro ministro Zurab Noghaideli o 19 de outubro de 2005 logo dunha serie de disputas cos membros do Parlamento.[7] Tamén foi moi criticada por varios embaixadores xeorxianos. Pouco antes do anuncio do seu despedimento, Zurabishvili dimitiu do servizo exterior francés, que seguira pagándolle un salario mentres era ministra e anunciou que permanecería en Xeorxia para adicarse á política.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En novembro de 2005, Zurabishvili creou a organización " Movemento de Salome Zurabishvili". En xaneiro de 2006, anunciou a creación dun novo partido político: "A vía xeorxiana", criticando o "sistema unipartidista de facto" do país. Aínda que Zurabishvili gozaba de certa reputación en Xeorxia, era incapaz de establecerse no campo político. Nas eleccións municipais de Tbilisi o 5 de outubro de 2006, só o 2,77% da circunscrición votou polo seu partido. Seis meses antes, unha enquisa de opinión realizada polo xornal xeorxiano Kviris Palitra suxeriu que obtería o 23,1% dos votos nas eleccións presidenciais. Desde outubro de 2007, o seu partido formou parte da alianza Oposición Unida que nomeou a Zurabishvili como futura primeira ministra no caso de vitoria do candidato Levan Gachechiladze nas eleccións presidenciais de xaneiro de 2008.

Como parte dunha campaña de 2009 da oposición xeorxiana para facer que o presidente Mikhail Saakashvili renunciase, Zurabishvili liderou unha marcha de protesta xunto a outros tres destacados figuras da oposición: Nino Burjanadze, David Gamkrelidze e Eka Beselia, en Tbilisi o 26 de marzo de 2009.[8]

O 12 de novembro de 2010, Zurabishvili anunciou a súa retirada do liderado de "A vía xeorxiana". Foi sucedida por Kakha Seturidze. [9] Despois de dous anos de ausencia da política, apoiou públicamente ao partido "Soño xeorxiano" antes das eleccións presidenciais de 2013.[10] Pouco despois, a Comisión Electoral Central de Xeorxia negouse a rexistrala como candidato presidencial debido á súa dobre cidadanía xeorxiana-francesa.[11]

Nas eleccións parlamentarias de 2016 Zurabishvili obtivo un escano como independente.[12]

Presidencia[editar | editar a fonte]

En agosto de 2018, Zurabishvili anunciou que participaría nas eleccións presidenciais de Xeorxia. Aínda que se presentou oficialmente como independente, a súa campaña foi fortemente apoiada por "Soño xeorxiano".[13] O seu principal adversario na elección, Grigol Vashadze, foi apoiado por Mikhail Saakashvili. Na primeira rolda, obtivo o 38,7 por cento dos votos, un punto máis que Vashadze, o que o forzou a celebración dunha segunda rolda.[14] Zurabishvili gañou a segunda volta das eleccións presidenciais, converténdose en presidenta electa. Tomou posesión o 16 de decembro de 2018, cunha cerimonia realizada en Telavi.[15]

Como presidenta, Zurabishvili herdou unha nova Constitución que entrou en vigor o día da súa toma de posesión e que eliminou significativamente varios poderes da Presidencia, concentrános no Parlamento e na Oficina do Primeiro Ministro. Con todo, isto non impediu que usase a súa posición para facer unha chamada a decisións históricamente importantes, incluíndo unha nova investigación sobre a controvertida morte de Zviad Gamsakhurdia, o primeiro presidente do país, en 1993.

Residencia e financiación[editar | editar a fonte]

Salome Zurabishvili anunciou durante a campaña presidencial que, se saíse elixida, non faría uso do Palacio Presidencial de Avlabari aberto en 2009, con Mikhail Saakashvili no cargo. Reuniuse co cuarto presidente logo das eleccións no Palacio Avlabari, pero a súa administración foi trasladada ao Palacio Orbeliani na rúa Atoneli, no centro de Tbilisi.[16] O 18 de decembro de 2018 visitou a residencia Atoneli por primeira vez.

Ademais de mudarse a unha residencia máis pequena, o gabinete de Zurabishvili afrontou un importante recorte de presuposto. Segundo o orzamento de 2019, o financiamento para a administración presidencial está a ser reducido en 3,5 millóns de laris (1,1 millóns de euros). Como resultado, a gran maioría dos ex empregados foron despedidos con só 60 deles permanecendo na nova administración.[17]

Os cambios tamén levaron a abolir o fondo presidencial que ascendía a 5 millóns de laris (1,6 millóns de euros) e que financiaba bolsas de estudo, programas educativos e outros proxectos. Esta decisión foi ampliamente criticada con Giorgi Margvelashvili e Maka Chichua, que pediron que non se cancelase.[18]

Posicións políticas[editar | editar a fonte]

No curso das eleccións presidenciais de Xeorxia de 2008, Zurabishvili e moitos outros políticos da oposición manifestaron o apoio ao establecemento dunha monarquía constitucional baixo a dinastía Bagrationi, pola que o patriarca de Xeorxia, Elías II, avogara.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Salome Zurabishvili casou con Nikoloz Gorgjestan, con quen tivo dous fillos: Ketevan e Teimuraz. Tras divorciarse del, estivo casada co xornalista xeorxiano Janri Kashia (1939–2012). Zurabishvili é curmá da historiadora francesa Hélène Carrère d'Encausse.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Salomé Zurabishvili (2006). Une femme pour deux pays. Grasset, ISBN 2-246-69561-9
  • Salomé Zurabishvili (2007). Fermer Yalta, Cahiers de Chaillot, Institut de sécurité de l'Union européenne
  • Salomé Zurabishvili (2008). Les cicatrices des Nations : L'Europe malade de ses frontières. Bourin, ISBN 978-2-84941-075-2
  • Salomé Zurabishvili (2009). La tragédie géorgienne. Grasset
  • Salomé Zurabishvili (2011). l'exigence démocratique. Bourin éditeur

Notas[editar | editar a fonte]

  1. In her capacity as Speaker of Parliament, Nino Burjanadze briefly served as acting president on two occasions
  2. "Biblioteca parlamentaria nacional de Xeorxia". www.nplg.gov.ge (en xeorxiano). Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "პირველი ქართული ემიგრაციის წარმომადგენელი ზეინაბ კედია გარდაიცვალა" (en xeorxiano). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  4. Mikaberidze, Alexander (2015). Historical Dictionary of Georgia (en inglés). Rowman & Littlefield Publishers. pp. 695–. ISBN 978-1-4422-4146-6. 
  5. "Dicionario biográfico". www.nplg.gov.ge (en xeorxiano). Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  6. "Victoria xeorxiana, Rusia retirará 2 bases". New York Times (en inglés). 31 de maio de 2005. Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  7. "Zurabishvili despedida" (en inglés). 19 de outubro de 2005. Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  8. "Georgian Opposition Mulls More Radical Forms Of Protest" (en inglés). 27 de maio de 2009. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  9. "Opposition Leader takes UN Security Council job" (en inglés). 12 de novembro de 2010. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  10. "Former Georgian Foreign Minister Zurabishvili Endorses Saakashvili Rival" (en inglés). 12 de xullo de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  11. "Georgia Election Board Rejects Former Foreign Minister" (en inglés). 3 de setembro de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  12. "Will Georgia's Ruling Party Use Super-Majority For Common Good Or To Further Own Interests?" (en inglés). 1 de novembro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  13. "Georgian Dream to support Salome Zurabishvili in 2018 presidential elections" (en inglés). 9 de setembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  14. "Georgia presidential vote heads for runoff in setback for ruling party" (en inglés). Reuters. 29 de outubro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  15. "Salome Zurabishvili confirms that inauguration will be held in Telavi" (en inglés). 5 de decembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  16. "Where Will Georgia’s New President Live?" (en inglés). 29 de novembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  17. "New Georgian president will have less funding: details on the inauguration and new residence" (en inglés). 4 de decembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  18. "Margvelashvili Calls on Gov't Not to Abolish Presidential Fund" (en inglés). 10 de decembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]