O Xuncal, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
| O Xuncal | |
|---|---|
| Parroquia | Santa Cristina da Ramallosa |
| Concello | Baiona |
| Coordenadas | 42°06′18″N 8°49′06″O / 42.105036111111, -8.8182833333333 |
| Poboación | 254 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Xuncal é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2008 tiña 232 habitantes.
Recibe o seu nome (ó igual que o da parroquia) polas súas características xeográficas e xeolóxicas. Debido a grande abundancia que houbo (e nalgúns sitios hai) de xuncos e ramallos, así coma terreos pantanosos e xunqueiras. Estes terreos dan á zona unha gran riqueza e variedade de flora e fauna.
O Xuncal divídese en dous polo río Groba que vai desembocar á praia Ladeira. Durante a posguerra, no período da autarquía do franquismo, construíronse en dito río dous muíños. Na actualidade un deles desapareceu por mor da construción do Club de Tenis Monterreal, e o outro foi restaurado para facer nel un restaurante.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Cristina da Ramallosa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona | |
|---|---|
|
As Areas | Bouzos | O Caeiro | O Cruceiro Novo | Devesa | Ladeira | Morade | O Outeiro | A Ponte | A Ponte Nova | A Ramallosa | A Ribeira | Sabarís | A Serralleira | Sopegal | Viso de Calvos | O Xuncal |