Saltar ao contido

Río Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Louro
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPazos de Borbén Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaTui, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPazos de Reis Editar o valor en Wikidata
Desembocadurarío Miño Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°03′05″N 8°37′59″O / 42.0515, -8.63295
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións30 (lonxitude) km
Medicións
Caudal8,44 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas eTui.

Topografía

[editar | editar a fonte]
Ponte de Orbelle sobre o río Louro no camiño de Santiago.

Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en Pazos de Reis, xa no concello de Tui. A lonxitude total do río é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

O río Louro aproveita unha fractura N-S na Depresión Meridiana, dando lugar ó val da Louriña. Recolle as achegas de numerosos regos procedentes da serra do Galiñeiro. O subsolo do fondo do val está composto de arxilas e areas mal drenadas, o cal, unido a un relevo moi tendido, produce fenómenos de impregnación. [Cómpre referencia]

Hidroloxía

[editar | editar a fonte]

O réxime do Louro é de tipo pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1.783 mm anuais, e pode superar os 2.000 mm na súa zona suroccidental. Ten un caudal medio de 8,44 m³/s.

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

As características xeolóxicas do val explican a orixe da formación do ecosistema das gándaras de Budiño, formado por pequenas lagoas illadas, zonas inundables e bosques de ribeira. As gándaras teñen unha superficie de 834 hectáreas e un clima atlántico que favorece a variedade de especies de flora e de fauna. Pódense atopar aquí máis de 150 especies de vertebrados, 12 de réptiles e máis de 135 de aves. [Cómpre referencia]

Impacto ambiental

[editar | editar a fonte]
Río Louro ao seu paso polo Porriño, baixo a ponte da PO-331; á dereita, albergue xacobeo do camiño portugués.

A zona da Louriña foi elixida para localizar o Plan de Desenvolvemento Vigo-Porriño, que é un dos factores causantes da contaminación do río, xunto coa explotación industrial de canteiras de granito. O Louro convértese nun dos ríos máis contaminados de Galicia tralo seu paso polo polígono do Porriño.[1]

O acordo asinado en 1994 entre o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia prevía a realización de obras de saneamento na conca do río Louro. Estas obras tiñan por obxecto a recollida das verteduras urbanas e industriais dos núcleos máis importantes das concas do río Louro, do río Caselas e do río Miño entre as confluencias dos ríos Caselas e San Martiño para seren tratadas na estación depuradora de Guillarei. No 2001 amplíase o acordo para acometer a interceptación de augas residuais no Porriño e nos ríos Caselas e Seixal. Considérase que estas infraestruturas contribuirán a facer posible o mantemento da vida piscícola do río Louro.[2]

  1. Ministerio de Medio Ambiente[Ligazón morta].
  2. "Confederación Hidrográfica do Miño-Sil". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 05 de marzo de 2010.