Río Elba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Elba
PaísRepública Checa e Alemaña
NacementoMontañas dos Xigantes (CZE)
Lonxitude1.165 Km
Conca144 055 km²
Caudal medio711 m³/s
DesembocaduraMar do Norte
Mapa do percurso do río Elba
Vista desde o castelo de Königstein, en Saxonia, Alemaña

O río Elba (Elbe alemán, Labe checo, Łobjo, polaco) é un dos principais ríos da Europa central, o segundo máis longo dos que desembocan no mar do Norte, tras o río Rin. Ten unha lonxitude de 1165 km —o 17.º río máis longo de Europa— e drena unha gran conca de 148268 km² —a 12.ª conca europea e 2.ª do mar do Norte—, que corresponde a Alemaña (65,5%), República Checa (33,7%), Austria (0,6%) e Polonia (0,2%). O sistema fluvial máis longo da conca corresponde ao Elba–Moldava, con 1231 km.

O Elba nace no norte da República Checa, a 1386 m de altitude, na vertente meridional das montañas dos Xigantes, e tras discorrer primeiro en dirección sueste e virar ao noroeste, desemboca non lonxe de Hamburgo no mar do Norte.

Administrativamente, o río discorre por catro das trece rexións da República Checa —Hradec Králové, Bohemia Central, Pardubice e Ústí nad Labem— e cinco dos 16 estados federados de Alemaña: Saxonia, Saxonia-Anhalt, Baixa Saxonia, Schleswig-Holstein e Hamburgo.

As cidades máis importantes no seu curso son as checas Hradec Králové (93035 hab.), Pardubice (89467 hab.), Ústí nad Labem (93747 hab.) e Děč ín (50289 hab.) e as alemás Dresde (525105 hab.), Dessau (85488 hab.), Magdeburgo (229924 hab.), Hamburgo (1734272 hab.) e Cuxhaven (50846 hab.).

Os seus principais afluentes son os ríos Moldava (434 km), Saale (413 km), Havel (413 km), Ohře (316 km), Elster Negro (181 km), Mulde (147 km) e Ilmenau (107 km) [1]

A conca do Elba está habitada por 24,5 millóns de persoas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Elbe River basin" (PDF). International Commission for the Protection of the Elbe River. Consultado o 24 de xuño do 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.