Palenque, Chiapas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ruínas de Palenque»)
Cidade prehispánica e parque nacional de Palenque
Palenque en México
Palenque
Palenque
Localización de Palenque en Chiapas en México
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País México
Localización17°29′2.32″N 92°2′46.78″O / 17.4839778, -92.0463278
TipoCultural
Criteriosi, II, III, IV
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador411
Localización de Chiapas en México.

Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.

A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional.[1] A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.[2]

Monumentos máis importantes[editar | editar a fonte]

Palenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do sur de México, nos límites da península do Iucatán. Entre as construcións accesibles, figuran as seguintes:

  • a Pirámide das inscricións;
  • o Palacio;
  • o Templo da Cruz;
  • o Templo da Cruz foliada;
  • o Templo do sol;
  • a cancha do xogo de pelota;
  • o grupo norte.

As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Os gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. conanp.gob.mx. "20 de julio de 1981 - Decreto por el que se declara Parque Nacional, con el nombre de Palenque" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  2. Unesco. "Pre-Hispanic City and National Park of Palenque" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012. 
  3. Vega, 2009; 207

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]