Rosa Regàs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rosa Regás»)
Infotaula de personaRosa Regàs Cruz de Sant Jordi 2005

Regàs no 2014.
Biografía
Nacemento(ca) Rosa Regàs i Pagès Editar o valor em Wikidata
11 de novembro de 1933 (90 anos)
Barcelona, Cataluña Cataluña
Directora Biblioteca Nacional de España
2004 – 2007
← Lluís Racionero i Grau (pt) TraducirMilagros del Corral (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLlofriu Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía
EducaciónUniversidade de Barcelona - filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, belas letras, literary translation (en) Traducir, xornalismo e bibliotecoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , editora literaria , tradutora , empresaria , guionista , xornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2023Manifiesto por una Barcelona que abre camino (en) Traducir
18 de febreiro de 2014Intellectuals for the Third Republic (en) Traducir
30 de abril de 1997Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiXavier Regàs i Castells (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOriol Regàs i Pagès (en) Traducir, Georgina Regàs i Pagès (en) Traducir e Xavier Regàs i Pagès (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Cabaleiro da Lexión de Honra
Premio Creu de Sant Jordi
Premio Nadal

Páxina webrosaregas.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1672223 Facebook: rosaregasescritora Dialnet: 21674 Editar o valor em Wikidata

Rosa Regàs Pagés, nada en Barcelona o 11 de novembro de 1933, é unha escritora catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou os anos da guerra civil en Francia e ó seu regreso ingresou nun internado. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse na especialidade de Filosofía Pura pola Universidade de Barcelona. Traballou na editorial Seix Barral de 1964 a 1970, ano no que funda a editorial La Gaya Ciencia , e as revistas Arquitectura Vis e Cuadernos de la Gaya Ciencia (1976). É nai de cinco fillos.

De 1983 a 1994 foi tradutora freelance nas Nacións Unidas en Xenebra, Nova York, Nairobi, Washington, París etc. En 1994 foi nomeada Directora do Ateneo Americano da Casa de América de Madrid, cargo do que dimitiu en maio de 1998.

O 14 de maio de 2004 foi nomeada Directora Xeral da Biblioteca Nacional de España. O día 18 de novembro de 2005 recibiu a Lexión de Honra. O 30 de novembro de 2005 a Generalitat de Cataluña concedeulle a Creu de Sant Jordi.

En agosto de 2007 dimitiu do seu cargo como Directora Xeral da Biblioteca Nacional de España por discrepancias co ministro de Cultura César Antonio Molina, e foi substituída por Milagros del Corral.

Controversias[editar | editar a fonte]

Con ocasión do debate social a raíz da proposta de reforma da lei do aborto formulada polo Ministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón, Rosa Regàs publicou o 30 de xullo de 2012 unha columna en El Mundo na que cualificaba como "monstros" as persoas con graves malformacións.[1] Logo de recibir diversas críticas, entre elas a do xornalista Andrés Aberasturi (cun fillo con parálise cerebral),[2] Regàs reafirmouse na súa opinión noutro artigo no mesmo xornal.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ginebra
  • Memoria de Almator
  • Azul
  • Canciones de amor y de batalla
  • Viaje a la luz del Cham
  • Pobre corazón
  • Desde el mar
  • Más canciones
  • Sangre de mi sangre: la aventura de los hijos
  • Sombras, nada más
  • Luna lunera
  • Hi havia una vegada
  • La canción de Dorotea
  • Per un món millor
  • Diario de una abuela de verano. El paso del tiempo
  • El valor de la protesta. El compromiso con la vida
  • Volcanes dormidos. Un viaje por Centroamérica
  • Memòries de la Costa Brava
  • Viento armado

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rosa Regàs. "Siniestra ley del aborto". Consultado o 31/01/14. [...] pretender que poco importa que el hijo que va a venir vaya tener graves malformaciones [...] Y que sea el señor Ruiz Gallardón el que tenga que decidir si una mujer ha de dar a luz un monstruo todavía me parece más aberrante [...] Señor Ministro, ¿no le parece que antes de dar vida a los monstruos debería ocuparse de que no se resquebrajara la dignidad de los vivos [...]? 
  2. Andrés Aberasturi. "La monstruosidad de Rosa Regàs". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  3. Rosa Regàs. "Talidomida". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]