Xosé Caridad Mateo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Caridad Mateo
Nacemento1906
 Betanzos
Falecemento1991
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]
Casa Sendón,[1] xunto ao parque de Santa Margarida, na Coruña.

Xosé Caridad Mateo, nado en Betanzos en 1906 e finado en México en 1991, foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casa Caramés, en Perillo

Fillo do xeneral Rogelio Caridad Pita. Pasou a súa infancia e mocidade na Coruña e comezou a estudar Arquitectura primeiro en Madrid e despois en Barcelona, onde se titulou en 1931. Nesta cidade recibiu a influencia do movemento GATEPAC (Grupo de Artistas e Técnicos Españois para a Arquitectura Contemporánea) o que se reflicte no racionalismo da súa obra. Representou en Galicia o inicio do movemento moderno, que introduciu as correntes de vangarda europeas. Empezou a exercer a profesión na Cámara da Propiedade Urbana da Coruña, pero o seu traballo viuse frustrado coa sublevación do 18 de xullo de 1936. Fusilado o seu pai, Rogelio Caridad, en 1936, incorporouse cos seus irmáns ao bando republicano. Ao remate da guerra fuxiu a Francia e alí estivo prisioneiro no campo de concentración de Argelès. Despois exiliouse en México, onde volveu exercer a arquitectura dende 1939. En México desenvolveu actividades vinculadas coa emigración galega e foi editor da revista Saudade e director de Vieiros.

Obra[editar | editar a fonte]

Casa Morán, na Coruña.

As obras máis importantes que realizou en Galicia foron a reforma da xoiería Malde (Santiago de Compostela, 1934), coa que se iniciou o debate sobre a intervención no patrimonio arquitectónico, a casa Caramés (Perillo,[2] 1937) e a Casa Morán[1] (edificio de vivendas da rúa Emilia Pardo Bazán, número 6, na Coruña, 1938). Estas obras caracterízanse pola limpeza e racionalidade dos cuartos e dos elementos engadidos. En Cidade de México realizou traballos en colaboración co arquitecto Félix Candela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aporte del exilio español a la arquitectura mexicana". COAG. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  2. "El Docomomo oleirense". La Opinión de A Coruña (en castelán). 7 de outubro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]