Rodrigo Cota
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1966 Cidade de México |
| Residencia | Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
Rodrigo Secundino Cota González, coñecido como Rodrigo Cota, nado en México DF en 1966, é un xornalista e escritor galego residente en Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Columnista en El Progreso e Diario de Pontevedra, ten colaborado tamén en El Mundo, a TVG, Xornal Diario, Retranca, El País e Luzes. Ademais é escritor e guionista de banda deseñada e cinema.[1] Exerceu de profesor de guión na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Cristóbal Colón, Pontevedra, Caminha (2008). PMMNexc. 176 páxs. ISBN 9788461272402.
- La loca historia de Pontevedra (2010). Ed. autor. 238 páxs. ISBN 978-84-614-2523-5.[2]
- Cristóbal Coloón. Colón galego (2011). Con Fernando Alonso Conchouso. Lendas ocultas. 328 páxs. ISBN 9788461539772.[3]
- El inaudito secuestro de Mariano Rajoy (2012). Ed. autor. 170 páxs. ISBN 9788461618187. Con prólogos de Manel Loureiro Manuel Jabois.[4] (El inaudito secuestro de Mariano Rajoy: en la plaza de toros de Pontevedra consumado por el borracho Tito Nogales que encerró al Presidente en un zulo, hasta que su padre se enteró y vendió al prisionero a otra banda de albaneses: incluye desenlace)
- David Cal, Támara Echegoyen, Juan José García Cota, Javier Gómez Noya (2014). Deputación de Pontevedra. 133 páxs. ISBN 9788484574309.
- Furious Monkey House: corre, mono, corre (2016). Libros Cúpula. 189 páxs. ISBN 9788448022822.
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Vilaspán (2024). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Fernando Tomé. 60 páxs. ISBN 978-84-1176-355-4.
Imaxe e son
[editar | editar a fonte]- Premios IRIS da Academia de Televisión (20013 e 20015) Guionista.
- Comba e Buxo descobren Galicia: Cerdedo - Cotobade (2018). Realizador e guionista. Ed. Ab Origine. DVD.
- Føra, o documental (2018). Imaco. DVD. Director.[5]
- Lupa: na procura do mito da Raíña Loba (2018). Presentador e locutor.
- Planeta Briz: As aventuras de Lúa e Xan (2019). Realizador e guionista.
- Efecto PO2 (2020). Realizador e guionista.
Banda deseñada
[editar | editar a fonte]- Centoloman (2009). Con Jano. Rei Zentolo. 32 páxs. Historia curta.[6][7]
- Nacho Camacho (2014). Con Jano. Demo Editorial. 48 páxs. ISBN 978-84-940349-8-5.[8]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009: Premio ao mellor guión do festival En Curto por A obsesión de Gustav Meyer.[9]
- 2020: Premio Puro Cora de xornalismo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RODRIGO COTA - Demo Editorial". demoeditorial.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ López Penide (2010-08-04). "«La historia anecdótica de Pontevedra no estaba cubierta»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ Redacción. "El inaudito secuestro de Rajoy". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "'Fóra': o documental da loita contra ENCE". Nós Televisión. 2019-01-07. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ culturagalega.org (2009-12-03). "A obra de Jano e Rodrigo Cota recupera o popular personaxe das camisetas da marca". culturagalega.org. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "El superhéroe de la ría". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-12-11. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "Nacho Camacho - Demo Editorial". demoeditorial.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ S.R. ""Nuestro modelo de ciudad viene de la capitalidad"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ Redacción (2020-02-03). "O galardón do grupo El Progreso conta cunha dotación de 10.000 euros". culturagalega.org. Consultado o 2020-02-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog Estoy pensando no Diario de PontevedraArquivado 03 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Blog: Glub. Por Rodrigo Cota.