Espejo público
| Espejo público | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Lingua
| |||||
|
Cor
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
|
Creador/a
| |||||
|
Director/a
| |||||
|
Presentador/a
| |||||
| Publicación | |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Emisora orixinal
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Data de comezo
| |||||
| Dimensións | |||||
|
Número de tempadas
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Espejo público é un programa de televisión emitido pola cadea española Antena 3. Foi estreado o 17 de outubro de 1996, inicialmente como programa semanal de reportaxes de actualidade. Desde o 11 de decembro de 2006 vén emitindo diariamente como un magazine matinal, presentado por Susanna Griso.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeira etapa
[editar | editar a fonte]Espejo público estreouse o 17 de outubro de 1996, inicialmente como un programa de reportaxes, que se emitía semanalmente, os domingos, dirixido e presentado por Pedro Piqueras. En outubro de 1998 este foi relevado por Roberto Arce, ata agosto de 2002. En setembro dese ano a xornalista Sonsoles Suárez converteuse na presentadora, mentres que Julián Nieto fíxose cargo da dirección en novembro de 2003. En ocasións puntuais, outras xornalistas como Lourdes Maldonado, Lydia Balenciaga e Soledad Arroyo conduciron tamén o espazo.
O 28 de outubro de 2006 emitiuse por última vez neste formato, tras anunciarse que o programa sería reconvertido nun magacín matinal en substitución de Ruedo ibérico. Inicialmente, estaba previsto que o mesmo equipo e a presentadora, Sonsoles Suárez, continuasen á fronte do espazo, aínda que finalmente esta sería substituída por Susanna Griso.
Durante esta primeira década en antena, o programa mantivo unha de cota de pantalla media do 21% cultivando, así mesmo, varios recoñecementos como tres premios Antena de Ouro e dous TP de Ouro.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Espejo público regresou á televisión o 11 de decembro de 2006, cun cambio absoluto de formato. Pasou a ser un programa de información xeral, en formato de magacín colector, conservando do programa orixinal tan só o nome. Baséase na actualidade, combinando prensa rosa cun xornalismo serio.
Emítese na actualidade polas mañás de luns a venres e está presentado por Susanna Griso coa colaboración de Albert Castillón, Alfonso Egea e Roberto Leal.
O 16 de xuño de 2011 Espejo público alcanzou a cifra de 1.000 programas en antena.
Durante os veráns de 2012 e 2013 o programa é conducido por Sandra Daviú e Roberto Leal.
Colaboradores
[editar | editar a fonte]- Ramón Arangüena (2006-2011)
- Ignacio Camacho.
- Pilar Cernuda.
- José Oneto.
- Antonio Casado.
- Alfonso Egea.
- Albert Castillón.
- Romina Belluscio
- Miguel Temprano
- Carmen Ro.
- Bárbara Rey (2010- 2011)
- Erika Alonso (2008)
- Gema López.
- Ángela Portero.
- Rosa Villacastín.
- Massiel.
- Antonio Rossi.
- Jesús Mariñas.
- Ángel Antonio Herrera.
- Isabel Sartorius (2010-2011)