Raffaella Carrà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raffaella Carrà
Raffaella Carrà (1963).jpg
Nome completoRaffaella Maria Roberta Pelloni
Alias«A diva italiana»
«A Carrà»
«A bomba italiana»
Data nacemento18 de xuño de 1943
Nado enBoloña
Falecemento5 de xullo de 2021
 Roma
Causacancro de pulmón
Ocupacióncantante, presentadora
XéneroPop, pop latino, música disco
Instrumento(s)voz
Tempo en activo1960 - 2021
PseudónimoRaffaella Carrà
Na rede
IMDB: nm0141123 Allocine: 58878 Rottentomatoes: celebrity/raffaella_carra Allmovie: p11226
Facebook: raffcarra Twitter: raffaella Youtube: UCa-fnDJH_jA-0gWdEnUU0ng Spotify: 6EVyI0S0b1Ld2nm37m5x85 iTunes: 26368290 Last fm: Raffaella+carrà Musicbrainz: feeef0f7-33d3-4df7-a269-f811489a4125 Songkick: 85322 Discogs: 302018 Allmusic: mn0000327427 WikiTree: Pelloni-1 Find a Grave: 229174355 Deezer: 77282 Genius: Raffaella-carra Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Raffaella Maria Roberta Pelloni, de nome artístico Raffaella Carrà, nada en Boloña o 18 de xuño de 1943 e finada en Roma o 5 de xullo de 2021[1], foi unha cantante e presentadora italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Bellaria-Igea Marina, na provincia de Rímini. Ós 8 anos deixou a cidade, para seguir a Roma a Jia Ruskaia, fundadora da Accademia Nazionale di Danza di Roma. A súa carreira cinematográfica tivo un comezo precoz: debutou na película Tormento del Passato (1952), onde interpretou o personaxe infantil de Graziella, aparecendo nos créditos co seu verdadeiro nome: Raffaella Pelloni[2].

En 1960, logo de diplomarse polo Centro Sperimentale di Cinematografia, fixo o seu verdadeiro debut cinematográfico na película de Florestano Vancini La lunga notte del '43 e apareceu na cinta de Leopoldo Trieste Il peccato degli anni verdi. Participou en diversas películas, entre elas I compagni de Mario Monicelli, xunto a Marcello Mastroianni, mentres no ano1965 rodou a carón de Frank Sinatra en Il colonnello Von Ryan. Todas estas aparicións pasaron practicamente inadvertidas.

Na temporada 1969-1970 chegou o seu verdadeiro éxito televisivo con Io Agata e tu (con Nino Taranto e Nino Ferrer), onde a Carrà lanzou un novo e moderno estilo de showgirl.

No outono do mesmo ano traballou xunto a Corrado en Canzonissima onde provocou un escándalo polo embigo descuberto mentres cantaba Ma che musica maestro!. Ó ano seguinte lanzou o famoso Tuca tuca e canta Chissà se va. Sempre nesta temporada, lanzou tamén unha canción baseada nun personaxe creado por ela mesma, "Maga Maghella", que a levará a converterse no soño de tódolos nenos. Segue despois (en 1974) Milleluci, presentado xunto a Mina e a continuación a súa terceira "Canzonissima", presentada nesta ocasión en solitario.

Nos anos 70 deuse a coñecer en España, e o éxito das súas cancións levou a TVE a ofrecerlle un programa, La hora de Raffaella; a cantante converteuse nunha estrela en España.

En 1978 presentou o programa de variedades da noite do sábado Ma che sera e en 1982 de novo con Corrado presentou Fantastico 3 con Gigi Sabani. De 1984 a 1985, esta vez en solitario, conduciu Pronto, Raffaella?, programa de mediodía no que traballou por primeira vez co seu excompañeiro, Gianni Boncompagni (que se ocupaou da dirección e é autor xunto a Giancarlo Magalli), en competencia directa con Il pranzo è servito do seu amigo Corrado, co que conduciu tamén unha edición do Telegatto ó comezo dos anos noventa. O estraordinario éxito de Pronto, Raffaella? fixo que vencese en 1984 o título de Personaxe televisivo feminino a nivel europeo concedido pola European TV Magazines Association.

Na temporada televisiva 1985/1986 foi a presentadora de Buonasera Raffaella e na de 1986/1987 de Domenica In. En 1987 pasou a Fininvest, realizando os espectáculos Raffaella Carrà Show e Il principe azzurro que non obtiveron grandes resultados de público e reduciron un pouco a súa popularidade. Volveu á RAI en 1989, primeiro con Raffaella venerdì sabato e domenica - Ricomincio da Due e despois con Week end con Raffaella e en 1991 conduciu xunto a Johnny Dorelli Fantastico 12.

Decidiu despois regresar a España, onde traballou entre 1992 e 1995: primeiro dous anos na primeira canle de TVE onde conduciu Hola Raffaella, premiado co TP, e A las 8 con Raffaella; posteriormente pasou a Telecinco con En casa de Raffaella. Tamén despois destes anos, TVE volveu a chamar a Raffaella paa algúns eventos coma o Fin de Ano de 1997.

En 1995 volveu a Italia con Carràmba che sorpresa, o seu éxito persoal máis clamoroso: conduciu o programa durante catro edicións na franxa de prime time da noite de sábado cunha audiencia media do 30 %, ata 2002. En 2001 presentou a 51° edición do Festival de Sanremo, edición que non tivo o éxito agardado, como ela mesma recoñeceu.

En 2004 conduciu o espazo Sogni, antecedente do programa Il treno dei desideri presentado por Antonella Clerici. Finalmente, en 2006 conduciu Amore, dedicado ós apadriñamentos a distancia que tiña a presentadora.

Entre os seus éxitos, ademais dos xa citados Ma che musica maestro!, Chissà se va, e Tuca Tuca, cabe lembrar Rumore, Felicità-tà, Forte forte forte, Fiesta, Tanti auguri, E salutala per me, Ballo ballo, Pedro, Fatalita', Bellissimo. O seu look foi fonte de inspiración para Renato Zero e viceversa.

O 30 de novembro de 2007 saíu Raffica Carra', recompilatorio de 2 CD máis 1 DVD nos que se recollen os sinxelos de Raffaella durante toda a súa carreira.

Carrà volveu á televisión española TVE para unha gala especial o 8 de marzo de 2008, Salvemos Eurovisión, na que os españois, mediante televoto e sms, escolleron a canción que representaría a España na edición de 2008 do Festival de Eurovisión previsto para maio en Belgrado. Conduciu ademais outros dous especiais en maio de 2008, sempre ligados ó Eurofestival: o primeiro, Europasión, unha gala nostálxica con algunhas das cancións que representaron a España nos anos anteriores; o segundo, un programa con debates e críticas sobre o festival, emitiuse xusto o mesmo día da final, antes e despois do directo con Belgrado.

A pesar disto, a RAI chamouna de novo para conducir unha nova edición do exitoso Carramba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]