Anne Igartiburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnne Igartiburu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Anne Igartiburu Verdes Editar o valor em Wikidata
18 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Elorrio (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - Q50416280 Traducir, Q55107865 Traducir (1987–1990)
Universidade do País Vasco - teatro Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorRadio Televisión Madrid (2022–2023)
Castilla-La Mancha Media (2010–2010)
Arrasate Telebista (1991–1992)
Atresmedia
Mediaset España
EITB Media
RTVE Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePablo Heras Casado (2015–2021), divorcio
Igor Yebra (2004–2006), nulidade matrimonial
Premios

IMDB: nm0407029 Allocine: 403729
Facebook: anneigartiburu Twitter: anneigartiburu_ Instagram: anneigartiburu Editar o valor em Wikidata

Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca.

Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.

Biografía[editar | editar a fonte]

Anne Igartiburu no Hotel María Cristina durante o Festival de Cine de San Sebastián, 2009.

Mide 1'75. Viviu desde nena na localidade de Elorrio (Biscaia). Ten estudos de mercadotecnia industrial. Viviu nos Estados Unidos, Burkina Faso, Illas Galápagos, Francia e Luxemburgo. Divorciada do bailarín Igor Yebra, ten actualmente unha filla, Noa. As súas primeiras aparicións na pequena pantalla foron en 1993 en Arrasate Telebista (televisión local de Arrasate). Logo pasou a Euskal Telebista, e máis tarde a Telecinco.

Presentou en Televisión Española o programa do corazón Corazón de... e presentou tamén o concurso de baile ¡Mira quién baila!. Ademais, presenta as badaladas de fin de ano nesta mesma cadea. A pesar de que esperaba ser directiva dunha empresa multinacional, a televisión cruzouse no seu camiño e enganchouna completamente. Como actriz, entre outros, interpretou un pequeno papel de monxa virxe na película O lapis do carpinteiro de Antón Reixa (2002) e fixo un cameo en Star Trek:Insurrección de Jonathan Frakes (1998). Así mesmo, interpretou o papel de Loreto, na telenovela Luna negra (2004).

Tamén presentou +Gente, en La 1 de Televisión Española, todas as tardes de luns a venres, xunto con Roi Groba.

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Galas[editar | editar a fonte]

  • Gala de la programación (2001)
  • Festival de la Canción de Eurovisión (2002-2004) -Portavoz dos votos españois-
  • Nuestra mejor canción (2004)
  • Ceremonia de clausura (2005)
  • Badaladas desde a Porta do Sol (2005-actualidade)
  • Gala FAO ¡Mira quién baila! (2006)
  • La televisión cumple contigo (2006)
  • Telepasión Española (1998 e 2006)
  • La noche desesperada (2007)
  • Gala FAO 2007 (2007)
  • La Rioja, tierra universal (2008)
  • X premios de la ATV (2008)
  • Maratón Gala Fao 2008 (2008)
  • Disco del Año 2008 (2009)
  • Disco del Año 2008 (2009)
  • Eurovisión: Destino Oslo (2010)
  • Disco del año (2010)
  • Una noche única (2011)
  • Destino Eurovisión (2011)
  • Disco del año (2011)
  • Eurovisión: Pastora Soler (2012)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premio Ano Categoría Resultado
Antena de Ouro 2005 Televisión Gañadora
Premio ATV 2005 Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento Nomeada
TP de Ouro 2005 Mellor Presentadora de Programas de Entretemento Nomeada