Premios Zapping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Premios Zapping son o recoñecemento máis directo do público catalán á programación e aos profesionais da televisión española.

A diferenza doutros recoñecementos, os Zapping premian a calidade dos programas, deixando de lado os índices de audiencia. Os socios de Teleespectadors Associats de Catalunya (TAC) son os que elixen aos finalistas de cada categoría e un xurado decide co seu voto aos gañadores.

Nas súas dúas primeiras edicións participaron unicamente os profesionais cataláns pero, debido ao éxito e á boa acolleita que tiveron, os Premios Zapping entréganse, desde 1995, a profesionais de todo o Estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]