Francia occidentalis
Aparencia
(Redirección desde «Francia Occidental»)
Epónimo | Francos | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | París | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua latina francés antigo bretón | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 843 | |||
Disolución | 987 | |||
Sucedido por | Reino de Francia | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía hereditaria | |||
Moeda | Sólido | |||
Francia occidental ou, co nome latino, Francia Occidentalis era o territorio baixo controlo de Carlos II o Calvo (840 - 877) despois do Tratado de Verdun de 843, que dividiu o Imperio Carolinxio dos francos en Oriental, Occidental e Media[1]. É o precursor da Francia moderna. Tamén foi coñecido como o Reino franco occidental.
Dividíase en grandes feudos: Aquitania, Bretaña, Borgoña, Flandres, Gascuña, Gotia (Cataluña e Septimania), a Illa de Francia e o condado de Tolosa. Despois do 987, o reino comezou a chamarse Francia, debido a que a nova dinastía gobernante (a Capeto) era orixinalmente duques da Illa de Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876 (en inglés). Cornell University Press. 2006. ISBN 080143890X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francia occidentalis |