Saltar ao contido

Roberto Carrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Carrero
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Guarda
2023 –
← Antonio Lomba Baz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas
Universidade Pontificia de Salamanca
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , profesor de ensino secundario , político Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5145842

Roberto José Álvarez Carrero, nado na Guarda o 3 de setembro de 1973,[1][2] máis coñecido como Roberto Carrero, é un avogado, profesor e político galego do PPdeG, alcalde da Guarda[3] e deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra desde o 2023.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos no Colexio Padres Somascos da Guarda. Ingresou no Seminario San Paio de Tui e continuou os seus estudos no Colexio Marista Sta. María de Tui e no IES San Paio de Tui ata a etapa universitaria, na que pasou ó Seminario Maior S. Xosé de Vigo.

Licenciouse en Ciencias Eclesiásticas (Filosofía-Teoloxía) pola Universidade Pontificia Comillas (1998), en Teoloxía (especialidade en Teoloxía Práctica) pola Universidade Pontificia de Salamanca (2002) e en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (2006).[1] Realizou cursos de doutoramento na Universidade Pontificia de Salamanca (2007-2008) desenvolvendo varios traballos de investigación sobre os Concilios de Braga dos séculos VI-VII. Así mesmo, completou a súa formación con diversos cursos tanto en España como en Europa e no estranxeiro, entre os que destacan os realizados na Pontificia Universidade Gregoriana (Italia), no Instituto Español Arqueolóxico de Xerusalén (Israel), na Universidade Pontificia de Salamanca ou na Universidade Rei Xoán Carlos.[2]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Traballou en diferentes ámbitos para a Igrexa católica, na que exerceu como crego o ministerio sacerdotal entre 1998 e 2009 na Diocese de Tui-Vigo, ano no que deixou o ministerio para secularizarse. Asemade, foi profesor de Filosofía da Relixión e Metodoloxía Científica no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín de Vigo, dependente da Universidade Pontificia de Comillas (2002-2010), e tamén no Colexio Marista Sta. María de Tui (2003-2006). Foi avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo de 2008 a 2012 e do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra desde 2012. Na actualidade exerce como avogado[4] e combina o exercicio profesional da avogacía coa docencia no Colexio PP Somascos-Fundación Educere da Guarda, onde é profesor de Relixión e Cultura Clásica desde 2019.

Na súa estadía en Madrid viviu na residencia de opositores León XIII e nos colexios maiores da Fundación Pablo VI onde afianzou o seu interese pola política desde a perspectiva humanista do cristianismo, a democracia cristiá e a doutrina social da Igrexa.

En abril do ano 2014, nun proceso penal no que actuaba como letrado defensor dun brigada da Garda Civil, foi agredido brutalmente á saída dos xulgados de Tui pola familia do chamado rei dos xitanos de Galicia, contrarios no proceso penal, e sendo ingresado polas lesións sufridas na UCI do hospital do Meixoeiro de Vigo durante catro meses.[5][6][7]

Carreira política[editar | editar a fonte]

O primeiro contacto que tivo coa política foi da man do seu tío, concelleiro na Guarda e sobriño político do alcalde de A Guarda por Alianza Popular e polo PPdeG, Manuel Díaz González "Ligero". Sendo crego, e a pesar da prohibición de militancia política do dereito canónico,[8] afiliouse coma militante do PPdeG no ano 2005.

Nas eleccións muncipais do ano 2015, foi incluído na lista do PPdeG á alcaldía da Guarda como nº 3 resultando elixido concelleiro en xuño de ese ano. En maio do ano 2018 foi elixido presidente e portavoz do Partido Popular da Guarda por aclamación da militancia nun congreso local.[9][10] Dende novembro do mesmo ano, é membro da Executiva provincial do PP de Pontevedra[11] e, dende setembro de 2021, coordinador do PP de Pontevedra para a comarca do Baixo Miño.[11][12]

Encabezou a candidatura das eleccións municipais do ano 2019 na Guarda e, malia ser a formación máis votada, non conseguiu gobernar por un pacto entre o PSdeG-PSOE e o BNG que se rompeu aos 4 meses.[13][14][15]

En maio de 2022, Alfonso Rueda Valenzuela nomeouno membro do Comité Executivo do PP de Galicia por designación presidencial.[16][17]

Repetiu como candidato á alcaldía da Guarda[18] nas eleccións municipais do ano 2023 e acadou 8 concelleiros dos 17 que conformaban a corporación municipal, sendo elixido alcalde da Guarda en minoría e recuperando a alcaldía para o PPdeG despois de dezaseis anos.[19][20][21] Ao mes de ser investido alcalde, logrou pactar un goberno estable co único concelleiro que tiña na corporación municipal o partido de Espazo Común.[22][23][24]

En xuño do ano 2023 foi elixido deputado provincial na Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Tui[25][26] con responsabilidade de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da institución provincial.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., La limitación del Esfuerzo Terapéutico (LET), Ed. Universidad Pontificia de Salamanca- Instituto Superior de Pastoral, Madrid (2002)[27]
  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., Ley natural e historia en el cristianismo: recorrido histórico desde los orígenes hasta la Escolástica Española, en Telmus: anuario del Instituto Teológico San José, ISSN 1889-0237, Nº. 7-8, 2016, págs. 251-272[28]
  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., Los concilios de Braga como antecedentes de los Concilios Toledanos, en Telmus: anuario del Instituto Teológico San José, ISSN 1889-0237, Nº. 7-8, 2016, págs. 225-250[29]
  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., Metrópolis y obispados en la Gallaecia hispánica de los Concilios Suevos de Braga, en Telmus: anuario del Instituto Teológico San José, ISSN 1889-0237, Nº. 11, 2018, págs. 93-122[30]
  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., Tipologías parroquiales del Noreste Peninsular en la época de los Concilios Bracarenses de los siglos VI-VII, en Telmus: anuario del Instituto Teológico San José, ISSN 1889-0237, Nº. 12-13, 2019-2020, págs. 147-154[31]
  • ÁLVAREZ CARRERO, R.J., La vida y disciplina del Clero en los Concilios Ibéricos de los siglos IV-V, en Telmus: anuario del Instituto Teológico San José,  1889-0237, Nº. 14, 2021, págs. 161-177.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Curriculum e Biografia Roberto José Álvarez Carrero" (PDF). Consultado o 26-05-2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Roberto José Álvarez Carrero". depo.gal (en castelán). 2024. Consultado o 2024-05-27. 
  3. Gago, Xosé; Placer, Laura (2023-06-18). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  4. "Roberto Carrero - Abogados". robertocarrero.com. Consultado o 2024-05-26. 
  5. Redacción (2014-05-12). "Detenidos 4 hijos del rey de los gitanos en Galicia por delitos de desorden público, atentado, lesiones y obstrucción". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  6. Redacción (2014-05-06). "Diez minutos de silencio por el letrado agredido en Tui". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  7. Redacción (2014-05-13). "Imputan a los hijos del 'rey de los gitanos' por agresiones". atlantico.net (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  8. Reyes Vizcaíno, Pedro María. "La participación de los clérigos en la actividad política - Iuscanonicum - Derecho Canónico en la Web". iuscanonicum.org (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  9. G., E. (2018-05-08). "Roberto Carrero busca infundir optimismo al frente del PP guardés". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  10. Redacción (2018-05-07). "Roberto José Álvarez Carrero asume a presidencia do PP de A Guarda". Telemariñas (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  11. 11,0 11,1 "Quen somos". pppontevedra.com. Consultado o 2024-05-26. 
  12. Press, Europa (2022-04-25). "Todos los coordinadores comarcales del PP de Pontevedra, que aportará 456 delegados, apoyan la candidatura de Rueda". www.europapress.es. Consultado o 2024-05-26. 
  13. Redacción (2019-06-16). "PSOE y BNG se reparten el gobierno de A Guarda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  14. Bernárdez, Judit (2019-10-15). "El BNG guardés rompe el pacto de gobierno con el PSOE "por las injerencias del alcalde"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  15. Varela, Marci (2019-10-14). "El bipartito de A Guarda ya es historia". cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  16. Redacción (2022-05-23). "Roberto Carrero y Lara Meneses forman parte de la nueva ejecutiva del PP de Galicia". Telemariñas (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  17. "Conócenos". PP de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  18. Redacción (2023-05-05). "Candidatos con experiencia: hasta 4 repiten en A Guarda". atlantico.net (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  19. Bernárdez, Judit (2023-06-18). "Carrero toma las riendas de un cambio de rumbo en A Guarda". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  20. Redacción (2023-06-17). "Carrero reclama ayuda "a todos" para gobernar en A Guarda". atlantico.net (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  21. Torres, Mónica (2023-06-17). "El PP recupera la alcaldía de A Guarda tras 16 años en manos del PSOE". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  22. Redacción (2023-07-09). "El PP de A Guarda y Espazo Común pactan un Gobierno estable en el municipio". Telemariñas (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  23. Redacción. "El PP de A Guarda y Espazo Común pactan un Gobierno estable en el municipio". infominho.com (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  24. R., P. (2023-07-09). "El PP de A Guarda cambia su gobierno para incluir al edil de Espazo en Común que le da la mayoría absoluta". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  25. Redacción (2023-06-23). "Cuatro alcaldes populares del área de Vigo, elegidos diputados de la nueva corporación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  26. Redacción (2023-06-22). "El PP designa a los diputados provinciales de los Partidos Judiciales de Pontevedra, Tui y Ponteareas". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  27. "La limitación del Esfuerzo terapéutico (LET)". Asociación de Biblotecarios de la Iglesia en España (ABIE). Consultado o 26-05-2024. 
  28. Álvarez Carrero, Roberto José (2016). "Ley natural e historia en el cristianismo: recorrido histórico desde los orígenes hasta la escolástica española". Telmus: anuario del Instituto Teológico San José (7-8): 251–272. ISSN 1889-0237. 
  29. Álvarez Carrero, Roberto José (2016). "Los concilios de braga como antecedentes de los concilios toledanos". Telmus: anuario del Instituto Teológico San José (7-8): 225–250. ISSN 1889-0237. 
  30. Álvarez Carrero, Roberto José (2018). "Metrópolis y obispados en la Gallaecia hispánica de los Concilios Suevos de Braga". Telmus: anuario del Instituto Teológico San José (11): 93–122. ISSN 1889-0237. 
  31. Álvarez Carrero, Roberto José (2020). "Tipologías parroquiales del Noreste Peninsular en la época de los Concilios Bracarenses de los siglos VI-VII". Telmus: anuario del Instituto Teológico San José (12-13): 147–154. ISSN 1889-0237. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Antonio Lomba Baz
 
Alcalde da Guarda
 
2023 -
Sucesor:
no cargo