Partido xudicial de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Partido xudicial de Tui
Predio dos xulgados de Tui

O Partido xudicial de Tui é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 6 da provincia de Pontevedra.

Comprende os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Tui. A dirección do partido sitúase na Praza da Inmaculada da localidade. Tui conta con tres Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]