Richard Bach
Richard Bach | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Richard David Bach |
Nacemento | 23 de xuño de 1936 |
Oak Park, Illinois | |
Nacionalidade | estadounidense |
Alma máter | California State University, Long Beach |
Ocupación | oficial, novelista, aviador, escritor, filósofo, prosista, xornalista de opinión e mecânico de manutenção de aeronaves |
Cónxuxe | Sabryna Nelson-Alexopoulos (1999-presente) Leslie Parrish (1977–1997) (divorciado) Bette Jeanne Franks (1957-1970) (divorciado) |
Fillos | James Marcus Bach |
Xéneros | aviación, fantasía, filosofía |
Coñecido/a por | Fernão Capelo Gaivota e Illusions |
Na rede | |
https://www.richardbach.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Bach, nado en Oak Park (Illinois) o 23 de xuño de 1936, é un escritor e piloto de aviación estadounidense. A súa obra máis coñecida é Jonathan Livingston Seagull (1970), que se converteu nun best-séller e que foi levada ao cine en 1973 por Hall Bartlett.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Roland Robert e Ruth Helen Shaw. Xa de neno marchou coa familia a Long Beach (California), e estudou no Long Beach State College. Graduouse na California State University como mecánico de fabricación de avións e de estacións xeradoras de enerxía.
Entre 1957 e 1962 foi piloto da USAF. Nesa época comezou a escribir artigos para revistas especializadas en aviación, converténdose en 1963 en editor da revista Flying, cargo que ocupou até 1964. Durante a súa carreira como piloto desempeñou diversos oficios asociados á aviación, como instrutor de voo, piloto de voos charter, mecánico de aviación en Iowa e piloto acrobático na Creature Enterprises Inc. En 1970 foi nomeado presidente da aeroliña Trans-creature. En 1974 actuou como piloto de espectáculos aéreos, e en 1975 foi profesor de Filosofía do Voo na Universidade de Embry Riddle.
Obra[editar | editar a fonte]
Case todos os seus textos teñen relación co voo e os avións. O seu maior éxito foi Jonathan Livingston Seagull, que conta a historia dunha gaivota nova que aprende a sobrepoñerse á súas limitacións e consegue traspasar os límites naturais nunha alegoría que destaca a liberdade individual e o afán de superación. Nela é patente a paixón que o autor sente polo voo como sinónimo de liberdade e de afastamento dos problemas terreais. A novela obtivo o premio Nene.
Cando se realizou o guión para a adaptación cinematográfica, houbo cambios no argumento cos que Richard Bach non estaba de acordo, polo que demandou á produtora. Trala mediación de Leslie Parrish, con quen posteriormente casou, as dúas partes chegaron a un acordo e finalmente o proxecto saíu adiante.
Fixo un guión para unha película baseada na popular serie de ciencia ficción Star Trek, que ía titularse Star Trek: Fase II. Porén, o seu traballo foi desestimado en favor do que sería o guión definitivo, titulado Star Trek: The Film.
- Stranger to the Ground (1963).
- Biplane (1966).
- Nothing by Chance (1969).
- Jonathan Livingston Seagull (1970).
- A Gift of Wings (1974).
- There's No Such Place as Far Away (1976).
- Illusions: The Adventures of a Reluctant Messiah (1977).
- The Bridge Across Forever: A Love Story (1984).
- One (1988).
- Running from Safety (1995).
- Out of my Mind (2000).
- Messiah's Handbook: Reminders for the Advanced Soul (2004).
- Curious Lives: Adventures from the Ferret Chronicles (2005).
- Thank your Wicked Parents (2012).