Saltar ao contido

Renan Zanelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de xaneiro de 2022 ás 17:31 por Xanetas (conversa | contribucións)
Zanelli
Información persoal
Nome Renan Zanelli Consilieri
Nacemento 18 de maio de 1992
Lugar de nacemento São Paulo
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista, dianteiro
Información de club
Club actual Arenteiro
Número 10
Carreira xuvenil
Audax
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Audax 13 (1)
2012–2013 Audax Rio 0 (0)
2013–2015 Willem II 9 (0)
2014 FC Oss 7 (1)
2015–2016 Audax 2 (0)
2016–2017 Silva 30 (9)
2017–2020 Ourense CF 79 (20)
2020– Arenteiro 43 (15)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xaneiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Renan Zanelli Consilieri, nado en São Paulo o 18 de maio de 1992, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro no Arenteiro, da Segunda División RFEF.[1]

Traxectoria

Formouse na canteira do Pão de Açúcar de São Paulo, club que logo pasou a chamarse Audax, e debutou co primeiro equipo en 2011. En 2013 chegou ao fútbol europeo, asinando co Willem II neerlandés, co que conseguiu o ascenso á Eredivisie na súa primeira tempada.[2] Na seguinte tempada debutou na máxima categoría do fútbol neerlandés, nun partido contra o Go Ahead Eagles no estadio De Adelaarshorst de Deventer. Foi o seu único encontro na Eredivisie, saíndo cedido pouco despois ao FC Oss, da segunda división. A continuación regresou ao Audax, co que foi subcampión do Campionato Paulista de 2016, despois de perder a final contra o Santos.

En setembro de 2016 chegou ao fútbol galego, fichando polo Silva coruñés.[3] No equipo de Javier Bardanca coincidiu cos tamén brasileiros Guilherme, Andrade, João Paulo e Rafa Borges. Habitual na dianteira titular, xogou 30 encontros da Terceira División e foi con 9 goles o segundo máximo goleador do equipo, só por detrás dos 13 de Movilla.

No verán de 2017 cambiou A Coruña por Ourense, fichando polo Ourense CF.[4] Xogou tres tempadas no equipo dirixido por Fran Justo, todas elas na Terceira División, sumando 79 encontros e 20 goles. Para a tempada 2020/21 seguiu os pasos do seu adestrador e fichou xunto con el polo Arenteiro. Co equipo do Carballiño marcou 8 goles en 26 encontros da Terceira División, incluído o gol da vitoria na última xornada contra o Bergantiños en Espiñedo, co que o Arenteiro se proclamou campión da categoría.[5]

O 1 de decembro de 2021 marcou un dos dous goles do seu equipo no partido da Copa do Rei no que o Arenteiro eliminou á SD Logroñés, da Primeira RFEF.[6] Zanelli foi titular no histórico encontro da seguinte rolda contra o Valencia no Espiñedo, que precisou dunha prórroga para se decantar finalmente para o equipo valencianista.[7]

Palmarés

Willem II
Arenteiro

Notas

  1. Renan Zanelli, fichaje de nivel para el club pontino‚ laregion.es, 12 July 2017
  2. Cofán, David (22 de maio de 2021). "«Creen que como ganamos 5-0 al Somozas fue un paseo, y de eso nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  3. "Renan Zanelli, nuevo jugador del #Silva1617" (en castelán). 22 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  4. "Javier Amor y Renan Zanelli nuevos refuerzos para el Ourense CF" (en castelán). 12 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  5. "El Arenteiro se proclama campeón de Tercera tras vencer al Bergantiños (1-0)". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  6. Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "El Arenteiro apea al Logroñés y sueña con un Primera en Espiñedo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  7. "Arenteiro domina pero no vence". Faro de Vigo (en castelán). 17 de decembro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas