Recurvirostra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Recurvirostra é un xénero de aves da orde dos caradriformes, que é o tipo da familia dos recurvirróstridos.

Características[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Recurvirostra teñen patas longas e moven dos seus picos, longos, delgados e curvados cara a arriba, e dun lado para outro cando se alimentan nas zonas húmidas, salobres ou salinas nas que habitan. A súa plumaxe é de varias cores.

Os membros deste xénero teñen as patas palmadas e nadan facilmente. A súa dieta consiste en insectos acuáticos e outros pequenos animais. En contornas como os estuarios, poden alimentarse nos lodos das marismas costeiras.

Aniñan no solo, en colonias.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo, na páxina 151 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae que, daquela, incluía unha soa especie, Recurvirostra avosetta, a avoceta.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Recurvirostra, está formado pola unión dos elementos ''recurvi- e -rostra, tirados do latín clásico o adxectivo recurvus, -a, -um, "dobrado" ou "curvado cara a atrás", e o substantivo rostrum, -i, "bico de ave".[2] Literalmente: "as do bico curvado".

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende catro especies.[3][4]

Imagxe Nome científico Distribución
American avocet (26124753051).jpg Recurvirostra americana Centro e oeste dos Estados Unidos, sur da Florida, México, Saskatchewan e Alberta
Recurvirostra andina.jpg Recurvirostra andina Arxentina, oeste de Bolivia, norte de Chile e sur do Perú
Pied Avocet Recurvirostra avosetta.jpg Recurvirostra avosetta Europa temperada e Asia occidental e central
Recurvirostra novaehollandiae - Lake Joondalup.jpg Recurvirostra novaehollandiae Australia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Linnaeus, Carl (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Vol. 1 (10th ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 151.
  2. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 331.
  3. Recurvirostra Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2022.
  4. Recurvirostra Linnaeus, 1758 no BioLib. Consultado o 26 de febreiro de 2022.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]