Real Forza Aérea de Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Forza Aérea de Noruega
Luftforsvaret
Activa10 de novembro de 1944
PaísNoruega Noruega
TipoForza aérea
Papelguerra aérea
Páxina webhttps://www.forsvaret.no/om-forsvaret/organisasjon/luftforsvaret
Insignias
Escarapela
Bandeira

A Real Forza Aérea de Noruega (noruegués: Luftforsvaret) é a forza aérea do Reino de Noruega. Estableceuse como un brazo separado das Forzas Armadas de Noruega o 10 de novembro de 1944. En tempos de paz a Luftforsvaret ten uns 2 400 empregados (oficiais, persoal alistado e civís). 600 efectivos tamén cumpren o seu período de reclutamento na Forza Aérea. Despois da mobilización podería estar formada por uns 5 500 efectivos.

A infraestrutura da Forza Aérea está formada por sete bases aéreas (en Ørland, Rygge, Andøya, Evenes, Bardufoss, Bodø e Gardermoen), un centro de detección e control (en Sørreisa) e tres centros de adestramento (en Værnes, Kristiansand e Stavanger).

Aeronaves[editar | editar a fonte]

F-35 Lightning II
AgustaWestland AW101
C-130J

Inventario actual[editar | editar a fonte]

Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Avión de combate
F-35 Lightning II Estados Unidos furtivo multirol F-35A 34[1] 12 pedidos
Patrulla marítima
P-8 Poseidon Estados Unidos ASW / patrulla 5[2]
Transporte
C-130J Super Hercules Estados Unidos transporte táctico C-130J-30 4[2]
Helicópteros
Bell 412 Estados Unidos utilitario 18[2] 9 van ser actualizados e trasladados a Bardufoss.
Sikorsky SH-60 Estados Unidos ASW / patrulla MH-60R 6 pedidos - substituto do NH90[2][3]
AgustaWestland AW101 Reino Unido / Italia SAR / utilitario 15[2] 1 on order - Sea King replacement[4]
Adestradores
Saab MFI-15 Safari Suecia Adestrador básico 16[2]
F-35 Lightning II Estados Unidos adestrador F-35A 6 Providing conversion training at Luke AFB[1]

NOTA: Noruega participa en tres programas da OTAN que lle proporcionan acceso a un Airbus A330 MRTT, 3 C-17 e 5 RQ-4D Phoenixs.[5][6][7] Ademais, un Boeing 737-700 de Scandinavian Airlines está configurado para voos de evacuación médica e é operado polas Forzas Armadas de Noruega e a Dirección de Saúde do país.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Tonning-Olsen, Sigurd (2023-11-09). "Nye fly til Norge" (en noruegués). Norwegian Armed Forces. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Hoyle, Craig. "2024 World Air Forces directory: how major conflicts impacted global fleet". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-06. 
  3. "Norway orders six Seahawks for the Armed Forces". Government.no. 15 de marzo de 2023. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  4. "Third Norwegian AW101 handed over". Air Forces Monthly: 13. Xullo de 2018. 
  5. "Alliance Ground Surveillance (AGS)". OTAN. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  6. "Sieben Tankflugzeuge Airbus A330 MRTT für die NATO". Bundeswehr Journal. 25 de setembro de 2017. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  7. "Strategic Airlift Capability (SAC)". Nato.int. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  8. "SAS Medevac Boeing 737-700 - SAS". www.sasgroup.net (en inglés). Consultado o 2024-04-06.