Lockheed Martin F-35 Lightning II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Martin F-35 Lightning II
Tipoavión furtivo de combate polivalente
FabricanteLockheed Martin
Primeiro voo15 de decembro do 2006
IntroducidoF-35B: 31 de xullo de 2015
F-35A: 2 de agosto de 2016
F-35C: 28 de febreiro de 2019
Estadoen produción
Principais usuariosUSAF
Corpo de Marines
Armada dos Estados Unidos
Produción2006 - present
Unidades construídasmáis de 790

O Lockheed Martin F-35 Lightning II é unha familia de cazas polivalentes de quinta xeración, equipados cun único asento e motor, que están sendo desenvolvidos para tarefas de ataque a terra, recoñecemento e defensa aérea, e que teñen capacidade furtiva. O F-35 ten tres modelos principais; o F-35A é unha variante de engalaxe e aterraxe convencional, o F-35B pode realizar engalaxes curtas e aterraxes en vertical, e o F-35C pode operar en portaavións.

O F-35 descende do X-35, o produto do programa Joint Strike Fighter (JSF). O desenvolvemento do JSF está sendo financiado principalmente polos Estados Unidos, co financiamento adicional do Reino Unido e doutros gobernos socios. Estes países socios son ou membros da OTAN ou aliados dos Estados Unidos. Está sendo deseñado e fabricado por un equipo de empresas aeroespaciais lideradas por Lockheed Martin. O F-35 realizou o seu primeiro voo o 15 de decembro do 2006.

O Estados Unidos pretenden mercar un total de 2.443 exemplares para equipar ao groso do su poder aéreo táctico na Forza Aérea, a Mariña e o Corpo de Marines nas seguintes décadas. O Reino Unido, Australia, Italia, o Canadá, os Países Baixos, Noruega, Turquía, Israel e o Xapón tamén equiparán forzas aéreas e navais co F-35.