Sikorsky SH-60 Seahawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sikorsky SH-60 Seahawk
SH-60B Seahawk2.jpg
SH-60B
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo12 de decembro de 1979
Introducido1984
Produción1979-presente
VariantesSikorsky HH-60 Jayhawk
Mitsubishi SH-60

O Sikorsky SH-60/MH-60 Seahawk é un helicóptero multimisión con dous motores turboeixo da Armada dos Estados Unidos baseado no UH-60 Black Hawk do Exército e membro da familia Sikorsky S-70. A modificación na célula máis significativa é unha cola plegable para reducir o seu espazo a bordo dos buques.

A Armada estadounidense usa a célula H-60 coas designacións SH-60B, SH-60F, HH-60H, MH-60R e MH-60S. Capaz de despregarse a bordo de calquera fragata, destrutor, cruceiro, buque de apoio rápido, barco de asalto anfibio ou portaavións con capacidade para helicópteros, o Seahawk pode realizar tarefas de guerra antisubmarina, guerra antisuperficie, guerra naval especial, inserción, busca e rescate, busca e rescate de combate, reposición vertical e evacuación médica.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Durante os anos 70 a Armada dos Estados Unidos comezou a buscar un novo helicóptero para substituír ao Kaman SH-2 Seasprite.[1] O SH-2 Seasprite era usado pola Armada como a súa plataforma para a suite de aviónica Light Airborne Multi-Purpose System (LAMPS) Mark I para guerra marítima e unha capacidade secundaria de busca e rescate. Avances na tecnoloxía dos sensores e da aviónica levaron á suite LAMPS Mk II, pero o SH-2 non era o suficientemente grande para levar o equipamento requirido pola Armada. A mediados dos 70 a Armada avaliou o Sikorsky YUH-60 e o Boeing Vertol YUH-61 para a súa competición Sistema de Aeronaves de Transporte Táctico Utilitario (UTTAS).

A Armada baseou os seus requerimentos na especificación UTTAS do Exército para reducir os custos. Sikorsky e Boeing-Vertol presentaron propostas para versións da Armada dos ses helicópteros UTTAS do Exército en abril de 1977. A Armada tamén mirou os helicópteros producidos por Bell, Kaman, Westland e MBB, pero eses eran demasiado pequenos para a misión. A principios de 1978 a Armada seleccionou o deseño S-70B de Sikorsky,[1] que foi designado "SH-60B Seahawk".

SH-60B Seahawk[editar | editar a fonte]

O SH-60B tiña un 83% en común co UH-60A.[2] Os principais cambios eran protección contra a corrosión, motores T700 máis potentes, amortecedor hidráulico dunha etapa no tren de aterraxe principal, retirada da porta lateral esquerda, inclusión de dous píos de armas, e o cambio do tren de aterraxe de cola 3,96 m cara adiante para reducir a pegada nas aterraxes nos barcos. Outros cambios eran tanques de combustible máis grandes, un sistema eléctrico para pregar as palas, estabilizadores horizontais pregables para aforrar espazo, e un lanzador de 25 sonoboias no lado esquerdo.[3] Un sistema de flotación de emerxencia instalouse orixinalmente nos carenados do tren de aterraxe principal; porén, demostrouse que era impracticable e que posiblemente impedirían a saída de emerxencia, así que foi eliminado. Pedíronse cinco prototipos YSH-60B Seahawk LAMPS III. O voo de estrea do YSH-60B foi o 12 de decembro de 1979. O primeiro SH-60B de produción voou o 11 de febreiro de 1983. O SH-60B entrou en servizo en 1984 sendo o seu primeiro despregue operacional en 1985.

O SH-60B está despregado principalmente a bordo de fragatas, destrutores e cruceiros. A misión primaria do SH-60B é a guerra de superficie e antisubmarina. Leva un complexo sistema de sensores como un Detector de Anomalías Magnéticas (MAD) remolcado e lanzador de sonoboias. Outros sensores son o radar de busca APS-124, o sistema ALQ-142 ESM e unha torreta no nariz cun Infravermello de Barrido Frontal (FLIR) opcional. Entre a súa munición están os torpedos Mk 46, Mk 50 ou Mk 54, mísiles AGM-114 Hellfire, e unha metralladora M60D/M240 de 7.62 mm ou unha GAU-16 de12.7 mm montada na porta da cabina.

Unha tripulación stándar para un SH-60B está formada por un piloto, un copiloto/ATO (Oficial Táctico Aerotransportado), e un operador de sensores. A Armada estadounidense operou o SH-60B en Escuadrons de Halicópteros Antisubmarions Lixeiros (HSL). Todos os escuadróns HSL foron redesignados escuadróns de Helicópteros de Ataque Marítimo (HSM) e pasaron a operar o MH-60R entre 2006 e 2015.

O SH-60J é a versión do SH-60B para a Forza Marítima de Autodefensa do Xapón. O SH-60K é unha versión modificada do SH-60J. Os SH-60J e SH-60K son construídos baixo licenza por Mitsubishi en Xapón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Leoni 2007, pp. 203-4
  2. Eden, Paul (2004). Encyclopedia of Modern Military Aircraft. Amber Books. ISBN 1-904687-84-9. 
  3. Leoni 2007, pp. 206-9

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leoni, Ray D. Black Hawk, The Story of a World Class Helicopter. American Institute of Aeronautics and Astronautics, 2007. ISBN 978-1-56347-918-2.