Rato mouro
Rato mouro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Mapa de distribución de Mus spretus.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Mus spretus spretus | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Mus spicilegus spretus |
O rato mouro (Mus spretus) é unha especie silvestre de rato estreitamente relacionada co rato doméstico, nativa de hábitats abertos do Mediterráneo occidental, chegando a encontrarse en Galicia.
Descrición
[editar | editar a fonte]O rato mouro ten un aspecto que lembra moito o rato doméstico e pode ser distinguido desa especie principalmente polo seu rabo máis curto. Ten un pelame amarronado en case todo o corpo, coas partes inferiores brancas ou beixes. A lonxitude da cabeza ao corpo vai de 7,9 a 9,3 cm cun rabo de 5,9 a 7,3 cm e un peso corporal de 15 a 19 g.[2]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Habita no suroeste de Europa e a costa mediterránea occidental africana. Encóntrase en todo o Portugal continental e en case toda España excepto nas partes máis ao norte (pero está incluído na lista dos mamíferos de Galicia). A súa área de distribución esténdese ao leste dos Pireneos ata o sur de Francia, onde se encontra nas rexións do sueste arredor de Tolosa e sobe polo val do Ródano ata Valence. Tamén se encontra nas illas Baleares. En África, encóntrase no Maghreb (Marrocos, Alxeria, Tunisia), e no oeste de Libia (e unha pequena poboación na costa leste de Libia), sempre ao norte do deserto do Sáhara.[1]
Prefire os terreos abertos, evita os bosques densos e atópase máis comunmente en praderías temperadas, terras de cultivo e xardíns rurais. Pode encontrarse tipicamente en áreas de pradería e zonas arbustivas abertas, onde os arbustos e as herbas altas poden axudarlle a ocultarse dos predadores, pero á vez teñen moito campo aberto. Aínda que é considerado unha especie completamente silvestre e evita os humanos, pode encontrarse ocasionalmente en edificios abandonados.[2]
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]É principalmente nocturno. É un omnívoro oportunista, que se alimenta principalmente de sementes de plantas herbáceas, froitas e insectos. Informouse que necesita beber só dous terzos do volume de auga que require o rato doméstico. Como é un pequeno mamífero non especializado é depredado por bufos, mamíferos carnívoros e serpes.[2]
Os machos adultos teñen un terrotirio duns 340 m2, que se solapa cos das femias veciñas, pero non cos doutros machos.[3] Aínda que defenden polo menos as zonas centrais do seu territorio doutros ratos, son menos agresivos que o rato doméstico, establecéndose a dominancia por medio dun comportamento ritual antes que pola violencia.[4] Informouse que limpa as súas propias feces das áreas que regularmente habita ou usa, collendo as deposicións coa boca ou empurrándoas polo chan co fociño. Este comportamento hixiénico é notablemente diferente do que segue o estreitamente emparentdo rato doméstico.[5]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese durante nove meses do ano, pero é sexualmente inactivo de novembro a xaneiro. Aínda que poden reproducirse en calquera outro mes menos os indicados, teñen dúas estacións reprodutoras durante as cales son especialmente activos. En abril e maio os adultos que sobreviviron do ano anterior producen unha nova xeración de ratos, despois eles e os seus descendentes xa crecidos procrean outra vez durante un segundo pico reprodutor entre agosto e setembro. A xestación dura de 19 a 20 días, e como resultado nacen de 2 a 10 crías (de media 5) cegas e espidas.[2]
As crías empezan a desenvolver o pelo aos dous a catro días, as súas orellas ábrense aos tres a cinco días, e os ollos abren aos 12 a 14. As crías empezan a comer alimento sólido axiña que poden ver, pero non son completamente destetados ata as tres ou cato semanas, abandonando o niño pouco despois. Chegan ao tamaño plenamente adulto ás oito ou nove semanas, momento no que son sexualmente maduros. Informouse que viven uns 15 meses.[2]
Hibridación
[editar | editar a fonte]O biólogo Michael Kohn da Universidade Rice de Houston, Texas estudou a resistencia dos ratos á warfarina nunha panadaría alemá. O estudo xenético revelou que o suposto rato doméstico tiña unha cantidade significativa de ADN do rato mouro nos seus cromosomas e un xene (VKOR, que se cre que apareceu primeiro en Mus spretus e que se perpetuou porque axudou ao rato a sobrevivir ao comer dietas deficientes en vitamina K) que lle dá resistencia á warfarina. O descubrimento pénsase que ten importtancia evolutiva porque este caso foi a primeira vez que se viu que unha hibridación ten unha consecuencia claramente positiva.[6][7]
Taxonomía e evolución
[editar | editar a fonte]As cinco[8] especies europeas recoñecidas do xénero Mus son nativas de Europa (pero non está tan claro no caso do rato mouo). M. musculus é o rato doméstico, que habita principalmente nas moradas humanas e outras estruturas, aínda que pode ocasionalmente tornar á natureza silvestre xerando unha poboación feral. O rato mouro é unha das outras tres especies; aínda que as súas relacións exactas co rato doméstico non están claras, pode representar a diverxencia evolutiva máis antiga dentro deste grupo.[9]
En calquera caso, están emparentados de forma o suficientemente estreita como para que o macho do rato doméstico poida reproducirse cunha femia de rato mouro e produciren descendencia viable, aínda que isto só foi observado en catividade, e non parece que aconteza na natureza, quizais porque viven en diferentes hábitats. Os machos híbridos resultantes destas unións son estériles, pero as femias híbridas non. Ao contrario, o rato mouro non se reproduce cunha femia de rato doméstico, á cal aparta violentamente.[2]
Os fósiles máis antigos da especie datan de hai 40 000 anos e foron atopados en Marrocos.[2] Xunto coas evidencia da diversidade xenética moderna, isto suxire que a especie se orixinou prinmerio en África, e só máis tarde emigrou a Europa, quizais coa expansión das terras dedicadas á agricultura no continente durante o Neolítico.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 {{{assessors}}} (2008). "Mus spretus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 23 de abril de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Palomo, L.J.; et al. (2009). "Mus spretus (Rodentia:Muridae)". Mammalian Species 840: 1–10. doi:10.1644/840.1.
- ↑ Gray, S.J.; et al. (1998). "Microhabitat and spatial dispersion of the grassland mouse (Mus spretus Lataste)". Journal of Zoology 246 (3): 299–308. doi:10.1111/j.1469-7998.1998.tb00160.x.
- ↑ Hurst, J.L.; et al. (1997). "Social interaction alters attraction to competitor's odour in the mouse Mus spretus Lataste". Animal Behaviour 54 (4): 941–953. doi:10.1006/anbe.1997.0515.
- ↑ Hurst, J.L.; Smith, J. (1995). "Mus spretus Lataste: a hygienic house mouse?". Animal Behaviour 49 (3): 827–834. doi:10.1016/0003-3472(95)80214-2.
- ↑ "Freaky' Mouse Is Immune to Poison : Discovery News". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 09 de agosto de 2018.
- ↑ "'Bastard' Mouse Steals Poison-Resistance Gene - ScienceNOW". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 09 de agosto de 2018.
- ↑ Fauna Europaea Mus
- ↑ Lundrigan, B.L.; et al. (2002). "Phylogenetic relationships in the genus Mus, based on paternally, maternally and biparentally inherited characters". Systematic Biology 51 (3): 410–431. PMID 12079642. doi:10.1080/10635150290069878.
- ↑ Gippoliti, S.; Amori, G. (2006). "Ancient introductions of mammals in the Mediterranean Basin and their implications for conservation". Mammal Review 36 (1): 37–48. doi:10.1111/j.1365-2907.2006.00081.x.