Saltar ao contido

Rata da Polinesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rata de Polinesia»)
Rata da Polinesia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Muridae
Subfamilia: Murinae
Xénero: Rattus
Especie: R. exulans
Nome binomial
'Rattus exulans'
(Peale, 1848)
Hábitat da rata en vermello
Hábitat da rata en vermello

Hábitat da rata en vermello

A rata da Polinesia, ou rata do Pacífico (Rattus exulans), coñecida polos maorís como kiore, é a terceira especie máis expandida de rata no mundo, detrás da "rata parda" Rattus norvegicus e da "rata negra" Rattus rattus.

É orixinaria do Sueste Asiático pero, como os seus parentes, fíxose cosmopolita en moitas illas da Polinesia, Nova Zelandia, Fidxi, Hawai. Comparte a habilidade de adaptarse facilmente a moitos tipos diferentes de ambientes, dende pasteiros, bosques e urbanizacións. Os seus hábitos son tamén similares, adoita convivir con humanos onde ten un fácil acceso á comida.

Características

[editar | editar a fonte]

É un mamífero nocturno como moitos roedores, e son excelentes escaladores, frecuentemente facendo os seus niños en árbores. No inverno, cando escasea o alimento, é común que remoian a cortiza e os talos. Teñen as características comúns das ratas en canto a reprodución; poliéstricas con xestacións de 21-24 días, tamaño de camadas afectadas por alimento e outros recursos (6-11 pupas), volvéndolles o estro ó outro mes (28 días).

Desenvolvemento físico

[editar | editar a fonte]

Esta especie da Polinesia é similar en aparencia a outras ratas como as ratas negra e parda. Ten orellas grandes redondeadas, unha trompa aguzada, pelo negro/pardo cunha barriga lixeira, e comparativamente curtas patas. Corpo delgado, longo, acadando 15 cm de lonxitude do nariz á base da cola, facéndoa levemente máis curta que outras ratas. En pequenas illas, tenden a ser menores de 11 cm. Distínguense por unha liña superior máis escura nas mans. O resto das patas e mans é pálido.

R. exulans é nocturno, omnívoro: come sementes, froitas, follas, cortiza, insectos, miñocas, arañas, lagartas, ovos de aves, pitos. Poden observarse frecuentemente tomando pezas de alimento e levalas a un sitio máis seguro, tanto para protexelas ou para preparalas. Protéxense así non só de predadores, se non tamén da chuvia e doutros conxéneres. Durante as "estacións de agocho" sitúanse en árbores, cerca de raíces, en fisuras de troncos, e tamén en ramas superiores. En Nova Zelandia, por ex., en tales estacións atópanse baixo pilas de rocas, ou en frondes de Rhopalostylis sapida palmas Nikau.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Está amplamente distribuída no Pacífico e no Sueste Asiático. Non poden nadar grandes distancias, polo que se considera unha marcadora significativa da migración humana a través do Pacífico, polos polinesios que accidental ou deliberadamente introducírona ás illas que ocupaban. Esta especie é responsable de moitas extincións no Pacífico de aves e insectos nativos; esas especies estaban nun ecosistema con ausencia de mamíferos e tiñan mansedume de insulares facéndoos inhábiles de escapar da presión predadora destas ratas. Suxeriuse que quizais estas ratas xogaran un rol na completa deforestación da illa de Pascua, por come-las noces da local Arecaceae palma, impedindo o agromar da vexetación.[1]

Restos desta rata polinésica dátanse en máis de 2000 anos en Nova Zelandia. Suxeriuse que chegou con exploradores temperáns que posteriormente pereceron ou deixáronas sen colonizar.

  1. Flenley, John R. (2003) The enigmas of Easter Island