Saltar ao contido

Rata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rattus»)
Rata
Rango fósil: Plistoceno – Actualidade

Rattus norvegicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Superfamilia: Muroidea
Familia: Muridae
Subfamilia: Murinae
Xénero: Rattus
Fischer de Waldheim, 1803
Especies

64 especies

Sinonimia

Stenomys Thomas, 1910

O nome rata designa varias especies de roedores de mediano tamaño do xénero Rattus; algo máis grandes que os seus parentes próximos os ratos, e poden atinxir os 500 g de peso.

As tres especies máis características — a rata negra, Rattus rattus, a rata común, Rattus norvegicus e a rata de Polinesia, Rattus exulans — cohabitan co ser humano ao longo de todo o planeta, compartindo o seu hábitat. A rata negra é a responsable da transmisión de numerosas enfermidades infecciosas, entre elas a Peste negra. Sendo omnívoros, constitúen ademais un perigo para as reservas de alimentos. Máis de 50 especies en varias subfamilias de Muroides inclúen especies chamadas comunmente rata.

As ratas poden identificar cheiros utilizando un método similar ao procesamento de sons en estéreo. As ratas, "cada vez que olfactean perciben unha imaxe rápida e completa do mundo do olfacto, que inclúe tanto a identidade do cheiro como o lugar de onde provén", indicou o doutor Raghav Rajan na revista Science no ano 2006.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.