Rastros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rastros
Autor/aRoberto Vidal Bolaño
OrixeEspaña
LinguaGalego
ColecciónColección Popular Teatro
Xénero(s)Teatro
EditorialEdicións Positivas
Data de pub.Maio de 1998
FormatoTapa branda
Páxinas96
ISBNISBN 978-84-87783-50-3
editar datos en Wikidata ]

Rastros é unha obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño, estreada e publicada en 1998.

Trama[editar | editar a fonte]

Esther, Moncho, Xan e Iago son amigos desde a infancia. Esther é unha xornalista desempregada e enganchada ás drogas, e pouco antes de facer os corenta anos intenta suicidarse cortando as veas á altura dos pulsos no rocho en que vive, pola súa decepción ante a falta de esperanza e ilusión vital. É trasladada ao hospital, e na sala da espera coinciden os tres amigos. A través de varias analepses vese o pasado común dos personaxes.

Moncho é un escritor de novelas e profesor de literatura. De novo estivo casado con Esther logo dela quedar preñada, mais finalmente sofre un aborto.
Iago é un militante do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, preso en Alcalá de Henares acusado dun asasinato. Esther vaino visitar ao cárcere.
Xan é un economista que traballa como vendedor de electrodomésticos.

Narración[editar | editar a fonte]

Tempo e espazo[editar | editar a fonte]

A trama desenvólvese na vila de Santiago de Compostela a finais do século XX.

A maior parte da obra son diálogos entre os personaxes. As acoutacións son concisas, e amais de indicar as entradas e saídas da escena, fan referencia aos elementos visuais e sonoros. Hai numerosos castelanismos, amais de texto en lingua castelá nun diálogo cunha funcionaria de prisións.

Hai numerosas referencias cinematográficas, especialmente ao filme Wild Rovers (Blake Edwards, 1971), cun diálogo de William Holden.

Edicións[editar | editar a fonte]

A obra foi estreada o 19 de marzo de 1998 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa, representada por Teatro do Aquí con dirección do propio autor. O elenco estaba formado por Patricia de Lorenzo (Esther), Luís Iglesia (Moncho), Xoán Carlos Mejuto (Iago) e Rubén Ruibal (Xan), coas voces de Ursía Gago, Anabell Gago, Denís Iglesias, Belén Quintáns e o propio Vidal Bolaño. A música correu a cargo de Berrogüetto. En 1999 acadou dous Premios María Casares, ó mellor texto orixinal para Vidal Bolaño e á mellor actriz protagonista para Patricia de Lorenzo. A pesar de que recibiu boa acollida por parte da crítica, a obra non tivo moitas representacións polo seu carácter político[1].

En maio de 1998 o texto teatral foi publicado por Edicións Positivas dentro da colección Popular Teatro. En 2013 a peza foi incluída nas obras completas do autor, publicadas pola mesma editorial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ultimo 'western' de Vidal Bolaño", artigo de Óscar Iglesias en El País, 16 de decembro de 2011 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Rastros, ficha na web sobre Roberto Vidal Bolaño.