Saltar ao contido

Raquel (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o nome de muller, para a personaxe bíblica véxase o artigo Raquel.
As bíblicas Raquel e Lea por Dante Gabriel Rossetti.

Raquel[1][2] é un nome propio feminino galego. Provén dunha personaxe bíblica que aparece mencionada por vez primeira no Xénese da Biblia hebraica, Raquel. O nome provén do hebreo: רָחֵל (Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella.[3] Segundo a Biblia, Raquel foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacobe. Xacobe era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca. En galego ten os hipocorísticos Quel e Queliña.[2]

En xaneiro de 2023, existían 8.419 mulleres en Galicia co nome María, cunha media de idade de 40,3 anos.[4]

O nome Raquel hoxe en día

[editar | editar a fonte]

Raquel non era un dos nomes comúns en Galiza, xa que ningunha parroquia do país ten como padroeira esta santa. Escrita en galego antigo coma Rachel (coa mesma pronuncia), hoxe é un nome común en Galiza. Raquel é un nome moi común nos países de fala hispana e inglesa: América Latina, España, os Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá, Australia e Nova Zelandia.

Onomástico

[editar | editar a fonte]

2 de setembro: Raquel.

Raquel noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Persoeiros

[editar | editar a fonte]
  • Raquel Welch, Chicago 1940, á unha actriz estadounidense famosa coma sex symbol durante décadas.
  • Raquel del Rosario, Gran Canaria 1982 , é unha cantante española.
  • Raquel Sánchez-Silva,Plasencia ,1973 , é unha presentador a e xornalista española .
  • Raquel Forner, Bos Aires 1902, foi unha pintora, escultora e profesora de debuxo arxentina.
  • Raquel Meller, Tarazona 1888, foi unha cantante, cupletista e actriz de cinema español.
  • Rachel Bromwich Inglaterra, 1915, foi unha universitaria inglesa que traballou sobre a literatura galesa da Idade Media.
  • Rachel Weisz, Westminster 1970, é unha actriz británica.
  • Rachel Bilson, Os Ánxeles, é unha actriz estadounidense .
  • Rachel Carson, Pennsylvania 1907, foi unha bióloga e escritora estadounidense.
  • Rachel Blanchard, Toronto 1976, é unha actriz canadense .
  • Rachel Boston, Tennessee 1982, é unha actriz norteamericana de cinema , televisión e teatro .
  • Raquel Carriedo-Tomas (nada en 1971), golfista española.
  • Raquel Chalfi, poeta israelita.
  • Raquel Guerra (nada en 1985), cantante e actriz portuguesa.
  • Raquel Lee (nada en 1986), actriz estadounidense.
  • Raquel Silva (nada en 1978), xogadora de volleyball brasileira.
  • Raquel Zimmermann (nada en 1983), modelo brasileira.

Personaxes de ficción

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Campbell, Mike Behind the Name
  4. Nome Raquel na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]