La Barraca
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Fundado ó pouco de instaurarse a Segunda República Española, tiña como obxectivo levar o teatro ás zonas con pouca actividade cultural na Península, o que se facía nas vacacións universitarias. A actividade da compañía estendeuse ata a Guerra civil española, con oito programas que foi combinando de diverso xeito nas súas xiras por España. Con testemuñas exitosas en todos os ambientes, é hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes da escena teatral española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O escritor granadino buscaba unha rexeneración do teatro a partir dun elenco afeccionado, lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España. En 1931, Federico García Lorca andaba na procura de actrices e actores para organizar unha compañía de teatro universitario. Asistiu á representación de Estragos de amor y celos de Juan Valera, montada polo alumnado do Instituto-Escuela. Gustoulle a actuación de María del Carmen García Lasgoity, que interpretaba o papel protagonista. Tras coñecela, axiña a escolleu para integrar La Barraca. A compañía, co apoio do ministro Fernando de los Ríos Urruti, tiña a misión de achegar o teatro ás vilas e cidades de España con criterios pedagóxicos e anovadores.[1]
A primeira semana de xuño de 1932, o grupo comezou os ensaios no Auditorio da Residencia de Estudiantes e na Residencia de Señoritas. O 10 de xullo, o alumnado-elenco, os Barracos, con dous camións Chevrolet, vestidos con fundas azuis e insignias que representaban unha carauta sobre unha roda de carro, deseño do pintor Benjamín Palencia, montaron o escenario e os decorados na praza maior de El Burgo de Osma. A peza coa que debutaron foi o entremés de Miguel de Cervantes La cueva de Salamanca.[2]
Ao proxecto sumáronse moitos artistas, entre eles, a irmá de Federico, Isabel, Julita García Lasgoity,[3] o pintor José Caballero e os irmáns Jacinto e Modesto Higueras.[4] Segundo a filosofía do grupo, todas as tarefas debían ser voluntarias, gratuítas e compartidas. As exitosas xiras de La Barraca incluían teatro clásico, monicreques, farsas, autos sacramentais e lecturas de poemas.[5] Porén, en 1933, cando a CEDA acadou o poder, a compañía non sempre foi ben recibida. A prensa reaccionaria acusábaa de inmoral e xudeomarxista. Nalgunhas aldeas, os membros da compañía foron apupados e perderon as subvencións públicas.
Desde a súa creación até o comezo da Guerra civil española, La Barraca representou un total de 13 obras en 74 localidades de España e o norte de África. Foron salientábeis as estadías na Universidad Internacional de Verano de Santander.[6] Alí coincidiron con membros da Xeración do 27, entre eles, Jorge Guillén, Pedro Salinas, Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre e Rafael Alberti. En 1934, trala tráxica Revolución de Asturias, Lorca, moi afectado, declinou seguir á fronte de La Barraca e delegou en Eduardo Ugarte.
Na primavera de 1936 La Barraca realizou a que sería a súa derradeira función no Ateneo de Madrid, por petición expresa de Juana Capdevielle -bibliotecaria desta institución- ao grupo de teatro ambulante, que representou El caballero de Olmedo de Lope de Vega.[7]
A Guerra Civil e o fusilamento de Federico García Lorca supuxeron o fin de La Barraca.
Repertorio[editar | editar a fonte]
- Entremeses ("El país de Jauja") de Lope de Rueda e a Égloga de Plácida y Victoriano, de Juan del Enzina.
- El retablo de las Maravillas e entremeses como La guarda cuidadosa e La cueva de Salamanca, de Miguel de Cervantes.
- La vida es sueño e El gran teatro del mundo, autos de Pedro Calderón de la Barca.
- Fuenteovejuna, La dama boba e El caballero de Olmedo, de Lope de Vega.
- El Burlador de Sevilla, Tirso de Molina.
- Ademais da Fiesta del Romance (con páxinas de Antonio Machado e Lope), e unha soa obra moderna: Historia del soldado de Ramuz, con música de Igor Stravinskii.
Ruta[editar | editar a fonte]
- Lenda
- Entremeses (Cervantes)
- La vida es sueño (Calderón de la Barca)
- El retablo de las maravillas (Cervantes)
- Fuenteovejuna (Lope de Vega)
- Romancero (diversos romances adaptados)
- Égloga de Plácida y Victoriano (Juan de la Encina)
- El burlador de Sevilla (Tirso de Molina)
- El caballero de Olmedo (Lope de Vega)


1932 | 1933 | 1934 | 1935 | 1936 | |
---|---|---|---|---|---|
Burgo de Osma | 2. Xullo | ||||
San Leonardo | 2. Xullo | ||||
Igrexa de San Juan de Duero | 2. Xullo | ||||
Ágreda | 2. Xullo | ||||
Vinuesa | 2. Xullo | ||||
Almazán | 2. Xullo | ||||
Madrid | 2. Xullo 1,2. Outono | ||||
A Coruña | 1. Agosto | ||||
Santiago de Compostela | 1. Agosto | ||||
Pontevedra | 1. Agosto | ||||
Vilagarcía de Arousa | 1. Agosto | ||||
Vigo | 1. Agosto | ||||
Baiona | 1. Agosto | ||||
Ribadeo | 1. Agosto | ||||
Cangas de Onís | 1. Agosto | ||||
Grado | 1. Agosto | ||||
Avilés | 1. Agosto | ||||
Oviedo | 1. Agosto | ||||
Granada | 1,2. Outubro | ||||
Valdemoro | 1,2. Outono | ||||
Alacant | 2. Nadal | ||||
Elx | 2. Nadal | ||||
Murcia | 2. Nadal | ||||
Toledo | 1,2. Marzo | ||||
Valladolid | 3. S. Santa; Primavera; 4. Agosto. |
||||
Zamora | 3. S. Santa; Primavera | ||||
Salamanca | 3. S. Santa; Primavera | 3,4. Nadal | |||
Madrid | 3. Primavera | 4; 8+. Agosto; 3,4. Nadal |
|||
Arévalo | 3. Primavera | ||||
León | 3. Primavera; 4,1,4. Agosto |
||||
Valencia | 4,1. Xullo | ||||
Utiel | 4,1. Xullo | ||||
Xátiva | 4,1. Xullo | ||||
Almansa | 4,1. Xullo | ||||
Albacete | 4,1. Xullo | ||||
Alcaraz | 4,1. Xullo | ||||
Infantes | 4,1. Xullo | ||||
Valdepeñas | 4,1. Xullo | ||||
Madridejos | 4,1. Xullo | ||||
Tembleque | 4,1. Xullo | ||||
Mieres | 4,1,5. Agosto | ||||
Santander | 4,1,5. Agosto | 6,7. Agosto | 8+. Agosto | ||
Burgos | 4,1,5. Agosto | ||||
Logroño | 4,1,5. Agosto | ||||
Ayerbe | 4,1,5. Agosto | ||||
Tudela | 4,1,5. Agosto | ||||
Canfranc | 4,1,5. Agosto | ||||
Pamplona | 4,1,5. Agosto | ||||
Estella | 4,1,5. Agosto | ||||
Sevilla | 1,4. Marzo-abril | ||||
Ceuta | 1,4. Marzo-abril | ||||
Tetuán | 1,4. Marzo-abril | ||||
Tánger | 1,4. Marzo-abril | ||||
Ampuero | 6,7. Agosto | ||||
Villarcayo | 6,7. Agosto | ||||
Frómista | 6,7. Agosto | ||||
Villadiego | 6,7. Agosto | ||||
Palencia | 6,7. Agosto | ||||
Peñafiel | 6,7. Agosto | ||||
Cuéllar | 6,7. Agosto | ||||
Sepúlveda | 6,7. Agosto | ||||
Riaza | 6,7. Agosto | ||||
Segovia | 6,7. Agosto | ||||
Medina de Pomar | 8+. Agosto | ||||
Espinosa de los Monteros | 8+. Agosto | ||||
Béjar | 3,4. Nadal | ||||
Cidade Real | 3,4. Nadal | ||||
Sabadell | 1,8. Abril | ||||
Barcelona | 1,8. Abril | ||||
Terrassa | 1,8. Abril |

Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mujer y exilio 1939 (en castelán) (Edició ampliada, 2003 ed.). Madrid: Flor del viento ediciones. 1999. p. 342. ISBN 84-89644-88-8.
- ↑ "Miembros de la Barraca. 1932".
- ↑ Semprun, CCOO Euskadi, Arantza (2016). Falta o
|title=
(Axuda); Falta a|url=
(Axuda) - ↑ "La Barraca (1932-1936)".
- ↑ "Tras las huellas de 'La Barraca'". 2011-12-24.
- ↑ Garcia Lorca, La Barraca y el grupo literario del 27 en Santander (en castelán). Santander: Universidad Internacional Menendez Pelayo. 2008. p. 72.
- ↑ "Cuando se quemaban libros también se asesinó a la bibliotecaria Juana Capdevielle". 2022-02-24.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ 9,0 9,1 Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de "Seis poemas galegos"". Faro de Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Barraca ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Ruiz, Víctor (1999.) Continuidad y ruptura en el teatro español de posguerra (en castelán) ISBN 84-313-1717-5.
- Gibson, Ian (2016) [1998]. Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca (en castelán). Penguin Random House. ISBN 9788466336673.