El Noticiero Gallego (1896)
| El Noticiero Gallego | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
Lugar de publicación
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Data de creación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata |
El Noticiero Gallego foi un semanario editado en Pontevedra entre 1896 e 1943.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio, apareceu en 1891. Foi continuador de El Noticiero Administrativo, El Noticiero (primeira época), El Noticiero de Instrucción Pública e El Noticiero (segunda época). O seu director e propietario era José López Pérez, pero debido ao seu falecemento en outubro de 1896, pasou a dirixilo o seu fillo Bernardo López Suárez. Como os seus antecesores, mantivo dúas seccións principais: unha doutrinal e outra dedicada ás disposicións lexislativas que ían saíndo. Aparecía os luns, pero dende 1897 pasou aos días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.
Nun principio publicou en folletíns unha colección titulada "Biblioteca de El Noticiero Gallego", na que apareceu o estudo titulado "Breves nociones de gramática filosófica española", de David Pérez Mandado (primeira entrega, número 149, do 2 de marzo de 1896).
En agosto de 1897 convocou un certame pedagóxico, polo que pasou a subtitularse Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español.
Continuou publicándose despois da Guerra Civil, baixo a dirección e a administración de Eladio Portela Gómez. Na súa última época levaba por subtítulo Revista de primera enseñanza.
O último número coñecido é o 2.381, correspondente ao 11 de maio de 1943.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Noticiero Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- González, Clodio (2005). "Noticiero Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.