Celso López Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celso López Blanco
Nacemento14 de outubro de 1891
 Laza
Falecemento23 de setembro de 1958
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónodontólogo e político
IrmánsMilagros López Blanco
editar datos en Wikidata ]

Celso López Blanco, nado en Laza o 14 de outubro de 1891 e finado en Pontevedra o 23 de setembro de 1958, foi un médico odontólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco López, fiel contraste na provincia de Pontevedra, e Liduvina Blanco e irmán de Milagros López Blanco. Casou con Elisa Barrio, con quen tivo catro fillos: Celso, Francisco, Minima e Elisa.

Profesional[editar | editar a fonte]

Viviu en Pontevedra desde novo. Estudou no Colexio San Luís Gonzaga, na rúa de San Telmo. Estudou Medicina na Universidade de Valladolid, e en 1915 exerceu como doutor en Udías (Cantabria). En 1916 licenciouse con Matrícula de Honra na Escola de Odontoloxía de Madrid[1], e foi alumno bolseiro do Hospital Provincial de Valladolid. Escribiu numerosos artigos científicos, e foi responsable da parte epidemiolóxica do traballo do doutor García Román. En 1917 abriu dúas clínicas dentais en Pontevedra en Vigo[2].

O 17 de xuño de 1930 foi nomeado primeiro presidente do Colexio de Odontólogos da 11ª Rexión (provincias de Pontevedra e Ourense)[3]. Canda a Luis Fontaíña, vicepresidente e secretario do colexio, solicitaron información sobre a licenza de médico de Abraham Zbarsky Geller[4]. No XII Congreso Nacional de Odontoloxía, celebrado en Valencia o 21 de marzo de 1931, foi elixido vicepresidente do Consello da Federación Española Dental, sendo nomeado tesoureiro o seu compañeiro e amigo pontevedrés Luís Fontaíña. En maio de 1936, logo de superar as probas celebradas en Madrid, foi nomeado xefe da sección de odontoloxía do Instituto Provincial de Hixiene Médica de Pontevedra, ligado ao corpo de sanidade.

Política[editar | editar a fonte]

Protagonista da vida política local de Pontevedra foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 14 de abril de 1931 con Tomás Abeigón Pazos (médico), Plácido García González (comerciante), Víctor Lis Quibén (médico), Peregrino Fariña Otuna (mariñeiro), Ramón Segura de la Garmilla (profesor da Normal), José Paz Vidal (industrial) e Francisco Rodríguez Arruñada (procurador e corredor de comercio).[5]

Foi un dos asinantes do manifesto constitutivo da Unión Regional de Derechas de Pontevedra, fundado o 25 de decembro de 1931 no Teatro Principal de Pontevedra, e integrado logo no partido Acción Popular que mías adiante formaría parta da alianza Confederación Española de Derechas Autónomas CEDA en 1933.

En agosto de 1936, tralo alzamento nacional, pasou a militar na Falange Española. Posteriormente foi nomeado Secretario Provincial de Saúde da FET y de las JONS. Celso López Blanco tiña unha estación de radioafeccionado EA1BH. A estación de radio, situada na praza da Peregrina, foi utilizada polas forzas golpistas, ao mando do gobernador civil de Pontevedra, ao igual cá estación radiofónica do tamén médico Enrique Vázquez Lescaille[6]. Esta estación sería coñecida máis adiante coma FET Pontevedra, e serviu para a difusión de cuestións doutrinarias da Falanxe.

En decembro de 1939 foi nomeado contable do Consello Provincial da Orde dos Médicos de Pontevedra, sendo presidente Evaristo Vázquez Lescaille. En 1943 foi nomeado secretario do Consello Provincial de Curador da protección ás mulleres, sendo o seu presidente o gobernador civil, Francisco Rodríguez Acosta.[7]

Social[editar | editar a fonte]

Pertenceu ao club recreativo e social pontevedrés Karepas, canda a Castelao, Sánchez Cantón, Losada Diéguez e Tomás Abeigón Pazos.

Radioafeccionado con indicativo de chamada EA1BH.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 9 de xuño de 1916.
  2. Vida Gallega, 15 de agosto de 1917.
  3. "Historia del Colegio", na web do Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Pontevedra y Ourense.
  4. "Dentistas rusos: as familias Zbarsky e Kuper", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Pontevedra nos anos do medo, 29 de decembro de 2014.
  5. El Progreso, 5-4-1931, p. 1.
  6. Informe do Xefe da Falanxe en Pontevedra para a Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, 29 de agosto de 1937 (Arquivo Xeral da Administración, caixa 1340).
  7. El Pueblo Gallego, 24-2-1943.
  8. Ángel Faus Belau. La Radio en España (1896-1977). Una Historia Documental. Ed. Taurus, 2007."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]