Ramón Gil Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1844 (25/26 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor , litógrafo , debuxante |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | José María Gil Rey |
Ramón Antonio Gil Rey, nado en Santiago de Compostela en 1818 e finado en Madrid en 1844, foi un debuxante, pintor e litógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de José María Gil Rey,[1] Ramón Antonio trasladouse a Madrid en 1839 e ao ano seguinte ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi pintor de historia e profesor de paisaxe no Liceo artístico e literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Concorreu cos seus traballos á varías exposicións anuais de belas artes, chamando a atención na de 1839 e na de 1840, nesta última cunha vista da Red de San Luis, que foi unanimemente eloxiada. Nese ano cedeu un dos seus traballos para a rifa que se fixo a beneficio do pintor Antonio María Esquivel, cego e doente daquela.[2]
Colaborou no Semanario Instructivo (1838), o Semanario Pintoresco Español (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Fixo retratos da aristocracia madrileña, entre eles Espartero e a raíña María Cristina.
Finou prematuramente en Madrid, aos 26 anos de idade.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Red de San Luis, Madrid, 1840.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manual del viajero en la Catedral de Santiago (en castelán). Imprenta y Establecimiento de Grabado de Don Baltasar González. 1847. p. 33.
- ↑ Ossorio y Bernard 1868, p. 280.
- ↑ Alvarellos 2016.
- ↑ Ramil-Rego, P.; Gómez-Orellana, L.; et al. (2019). "Jardines y parques públicos de Galicia" (PDF). Xardinería e paisaxismo en Galicia. Lugo: Ibader. USC. ISSN 1988-8341.
- ↑ Puertas 2008.
- ↑ Semanario instructivo : periódico de agricultura, ciencias naturales y artes: Num. 12 (18/5/1838).
- ↑ Alvarellos 2016.
- ↑ Semanario instructivo : periódico de agricultura, ciencias naturales y artes: Num. 13 (25/5/1838).
- ↑ Museo de Pontevedra vía "Gil Rey, Ramón". Gran Enciclopedia Galega (DVD).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Gil Rey |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnáiz Tejedor, José Manuel et al., ed. (1989). Cien años de pintura en España y Portugal (1830-1930) (en castelán) 3. Madrid: Antiqvaria. ISBN 84-86508-14-2.
- Couselo Bouzas, José (1950). La pintura gallega (en castelán). A Coruña: Porto y Cía. Editores. p. 135.
- Ossorio y Bernard, M. (1868). Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (en castelán) 1. Madrid: Imp. a Cargo de Ramón Moreno. p. 280.
- Puertas, C. (2008). "Breve historia de una litofrafía «incunable»" (PDF). A Estrada. Miscelánea histórica e cultural (en castelán) 11: 7–11. ISSN 1139-921X.
- Filgueira Valverde, José (1947). Apuntes de un viaje por Galicia de Ramón Gil Rey (en castelán). Museo de Pontevedra. ISSN 0210-7791.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Gil Rey, Ramón". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- 6.ª Exposición. Pintura romántica gallega. Juan José Cancela del Río. Jenaro Pérez Villamil. Ramón Gil Rey (en castelán). Museo de Pontevedra. xuño MCMXLIV.
- "Gil Rey, Ramón". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 99. ISBN 84-7680-429-6.
- "Gil Rey, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 155–156.
- «Gil Rey (Ramón)». Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana XXVI. Barcelona: Hijos de J. Espasa, Editores. 1925. p. 39.
- "Gil Rey, Ramón". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 514. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Arte de paisaxes
- José María Gil Rey (irmán)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Quique (22/5/2016). "A vida tronzada de Gil Rey". La Voz de Galicia.
- Bibliografía en pintoresgallegos.com
- Frick Art Reference Library