Rally de Narón de 1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2º Rallye Narón
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónNarón
OrganizadorSiroco Team Narón
ÁmbitoRexional
SuperficieTerra
Tramos10
Distancia tramos37,6 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia José Caamaño
Equipo campiónEscudería Coruña
Participantes
Pilotos32
AnteriorRally de Narón de 1988
SeguinteRally de Narón de 1990

O Rally de Narón de 1989 foi a segunda edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Disputouse en Narón o 27 de maio de 1989 e os vencedores foron José Caamaño e José Manuel Valeiro a bordo dun Citroën Visa 1000 Pistas.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou dun itinerario segredo ata a disputa do rally, con dez pasadas por tres treitos diferentes (Piscina Municipal, Pedroso e San Xiao), sumando un total de 149 km, dos cales 37,6 foron cronometrados.[2][3]

Resumo[editar | editar a fonte]

No primeiro treito empataron co mesmo tempo o Citroën Visa 1000 Pistas do coruñés José Caamaño e o Renault 11 Turbo do portugués Viana Ferreira, mentres que nos restantes nove treitos Caamaño marcou o mellor tempo logrando unha cómoda vitoria. Viana Ferreira mantivo a segunda posición ata o cuarto treito cando sufriu unha saída de pista e tivo que abandonar por problemas no motor. José María Martínez Magdaleno pasou entón a ocupar a segunda praza, rematando a primeira sección a 18 segundos de Caamaño, seguido por Javier García, Andrés González e José Manuel Torres.[4]

Na segunda sección o Lancia Delta HWD de Magdaleno envorcou, foi posto de novo sobre as rodas coa axuda duns espectadores e a continuación comezou a arder, quedando o vehículo totalmente calcinado. O seu copiloto, Manuel Campos, sufriu queimaduras, tendo que ser atendido nun centro hospitalario, ao igual que un dos espectadores.[4] Tamén envorcou o Renault 5 GT Turbo de Javier García, situación que aproveitou Andrés González para ocupar a segunda posición final.[4] O portugués João Enes cun Golf GTI completou o podio.[1]

Dos 32 pilotos que tomaron a saída, só 18 chegaron á meta. Entre os abandonos estiveron tamén os Seat 124 de Marabú, Jesús Ferreiro e Estrella Castrillón, sendo no caso desta última a súa única participación como piloto nun rally, invertendo con Germán Castrillón os seus habituais papeis de piloto e copiloto. Abandonaron tras sufrir unha rotura no vehículo.[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia José Caamaño Galicia José Manuel Valeiro Citroën Visa 1000 Pistas Escudería La Coruña 36'02”
2 Galicia Andrés González Galicia Guillermo Díez Simca 1200 TI Arenteiro Motor Sport 38'39”
3 Portugal João Enes Portugal Eduardo Aralde Volkswagen Golf GTI 1600 Escudería Doble Cero 38'42”
4 Galicia José Manuel Torres Galicia Jorge Conde Volkswagen Golf GTI 1800 Racing Club Vila do Rei 38'47”
5 Galicia Tino Lombán Galicia José Luis Pérez Seat 124 1800 Escudería Ourense 39'05”
6 Galicia Juan Ricardo Costoya Galicia Manuel Ángel Macías Seat 124 2000 Siroco Team Narón 40'00”
7 Galicia José Ignacio Ruano Galicia Miguel Couce Suzuki SJ413 Escudería A. Ferrol 40'13”
8 Galicia Manuel Pérez Valente Galicia Eugenio Prieto Citroën GS Alacrán Motor Club 40'18”
9 Galicia Javier García Galicia José Ramón Sánchez Renault 5 GT Turbo Senra Sport 40'31”
10 Galicia Manuel García Galicia José Manuel Pinal Talbot 1200 TI Arenteiro Motor Sport 40'59”
11 Galicia José Emiliano Iglesias Galicia Javier Campelle Seat 127 Escudería A. Ferrol 41'37”
12 Galicia Jośe Vázquez Mera Galicia Juan Brun Pintor Renault 5 Copa Senra Sport 41'40”
13 Galicia Alfonso Torrente Galicia Andrés Pita Seat 124 2000 Siroco Team Narón 42'08”
14 Galicia José Manuel Varela Galicia Jesús Manuel Lorenzo Seat 127 Siroco Team Narón 43'32”
15 Galicia Pablo Rodríguez Galicia José Manuel Boimorto Talbot 1200 TI Racing Club Vila do Rei 44'36”
16 Galicia Antonio Valenzuela Galicia Antonio Otero Renault 5 GTL Siroco Team Narón 44'50”
17 Galicia David Ferrer Galicia Gaspar Sierra Seat 124 1800 Escudería Ourense 54'32”
18 Galicia Antonio Sueiras Galicia Luis González Seat 127 Siroco Team Narón 55'20”
Abandonos
- Galicia Martínez Magdaleno Galicia Manuel Campos Lancia Delta HWD Arenteiro Motor Sport -
- Portugal Viana Ferreira Portugal Luisa Silva Renault 11 Turbo Escudería Doble Cero -
- Galicia Óscar Fernández Galicia Marco Fernández Seat 124 1800 Racing Club Vila do Rei -
- Galicia José Ramón García Galicia Carlos Mera Seat 124 2100 Senra Sport -
- Galicia Gonzalo González Galicia Jorge Ramos Citroën Visa GTi Siroco Team Narón -
- Galicia Antonio Bonome Galicia José Ángel Rodríguez Seat 124 2000 Siroco Team Narón -
- Galicia Estrella Castrillón Galicia Germán Castrillón Seat 124 2000 Siroco Team Narón -
- Galicia Marabú Galicia Rogelio García Seat 124 1800 Escudería Ourense -
- Galicia Manuel Ferreiro Galicia Carlos Longa Seat 124 1800 Escudería Rias Baixas -
- Galicia José Ramón Conde Galicia José Javier Diéguez Talbot 1200 TI Arenteiro Motor Sport -
- Galicia Solo Martínez Galicia Juan Carlos Iglesias Ford Fiesta 1.3 Senra Sport -
- Galicia Jesús Ferreiro Galicia José Manuel Pampín Seat 124 Sport Coupé Senra Sport -
- Galicia Julio Badía Galicia Manuel Hermo Mini 1275 GT Escudería Doble Cero -
- Galicia Pablo Castro Galicia José Manuel Rañal Seat 127 Siroco Team Narón -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  2. "Itinerario". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  3. Arévalo, Fernando (27 de maio de 1989). "Cuarenta pilotos correrán hoy el Rally de Narón, organizado por el Siroco Team". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Arévalo (29 de maio de 1989). "En Narón, triunfo de Caamaño y desgracia para Magdaleno.que pasó de ser segundo a ver su coche reducido a cenizas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47. 


Predecesor:
Rally de Terra Concello de Barbadás
 Campionato de Galicia de Rallys de Terra 
Tempada 1989
Sucesor:
Rally de Terra de Parada do Monte