Rally Serra Morena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rally Serra Morena
Fundación1978
Copa[[Súper Campionato de España de Rallys|]]
Último campiónEspaña Pepe López
Máis laureadoEspaña Miguel Ángel Fuster (4)
OrganizadorAutomóvil Club de Córdoba

O Rally Serra Morena é unha proba de rally que se celebra dende 1978 na provincia de Córdoba, nas inmediacións da Serra Morena. Está organizado polo Automóvil Club de Córdoba e dende 2008 puntúa para o Campionato de España de Rallys.[1] En 2021 entrou a formar parte do Súper Campionato de España.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición foi organizada pola Escudería Mezquita en 1978, e puntuou para o Campionato de Andalucía. Dous anos máis tarde conseguiu entrar dentro do Campionato de España. No ano 1990 foi incluído dentro do Campionato Europeo de Rally pero ao ano seguinte perdeu estas dúas distincións e volveu formar parte só do campionato andaluz.

En 1993 preinscribiuse para o Campionato de España, categoría que ostentou durante catro anos. Entre 1999 e 2003 a proba non se celebrou ata que en 2004 a escudaría Rall Racing decidiu recuperar a proba e logrou incluíla de novo no campionato nacional en 2008. Desde 2012 ata a actualidade, o Automóvil Club de Córdoba é o encargado da súa organización.

En 2021 o Súper Campionato de España de Rallys pasou a ser o principal certame do país e o Rally Serra Morena foi a proba inaugural do calendario.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Series
1978 1º Rally Serra Morena España Teo Ibánez España Juan de Dios Jiménez SEAT 124
1979 2º Rally Serra Morena España José Luis Vilches España José Muñoz López Alpine-Renault A110-1600
1980 3º Rally Serra Morena España Enrique Villar España Luis Javier Olmedo Porsche 911 SC ESP
1981 4º Rally Serra Morena España Jorge de Bagration España Víctor Sabater Lancia Stratos HF ESP
1982 5º Rally Serra Morena Francia Marc Etchebers Francia Marie-Christine Etchebers Porsche 911 ESP
1983 6º Rally Serra Morena Galicia Carlos Piñeiro Galicia Carlos Orozco Porsche 911 SC ESP
1984 7º Rally Serra Morena España Antonio Zanini España Josep Autet Ferrari 308 GTB ESP
1985 9º Rally Serra Morena España Salvador Servia España Jordi Sabater Lancia Rally 037 ESP
1986 9º Rally Serra Morena España Carlos Sainz España Antonio Boto Renault 5 Maxi Turbo ESP
1987 10º Rally Serra Morena España Borja Moratal España Alfredo Rodríguez Peugeot 205 GTI ESP
1988 11º Rally Serra Morena España Carlos Sainz Galicia Luis Moya Ford Sierra RS Cosworth ESP
1989 12º Rally Serra Morena España Josep Bassas España Antonio Rodríguez BMW M3 ESP
1990 13º Rally Serra Morena España Jesús Puras España José Arrarte Lancia Delta HF Integrale ESP, ERC
1991 14º Rally Serra Morena España Francisco Palomo España M. Santos Peugeot 205 GTI
1992 15º Rally Serra Morena España Juan Antonio Tobaruela España Juan García Cobler Peugeot 309 GTI
1993 16º Rally Serra Morena España Rafael Palomares España José Ramos Ford Sierra RS Cosworth
1994 17º Rally Serra Morena España Luis Climent España José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v ESP
1995 18º Rally Serra Morena España Oriol Gómez España Marc Martí Renault Clio Williams ESP
1996 19º Rally Serra Morena España Borja Moratal España Alfredo Rodríguez Peugeot 306 Maxi ESP
1997 20º Rally Serra Morena España Jaime Azcona Alemaña Julius Billmaier Peugeot 306 Maxi ESP
1998 21º Rally Serra Morena España Miguel Ángel Fuster España José Vicente Medina Peugeot 106 Maxi
2004 22º Rally Serra Morena España Rafael Martínez Saco España Daniel García-Ibarrola Mitsubishi Lancer Evo VII
2005 23º Rally Serra Morena España Rafael Martínez Saco España Rafael Marchena Mitsubishi Lancer Evo VII
2006 24º Rally Serra Morena España Juan Ángel Ruiz España Marcos Rumi Subaru Impreza STi N10
2007 25º Rally Serra Morena España Emilio Segura España Manuel García Espejo Peugeot 206 S1600
2008 26º Rally Serra Morena España Enrique García Ojeda España Jordi Barrabés Peugeot 207 S2000 ESP
2009 27º Rally Serra Morena Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 RS 3.6 ESP
2010 28º Rally Serra Morena España David Pérez[3] España Alberto Chamorro Peugeot 207 S2000 ESP
2011 29º Rally Serra Morena Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 RS 3.6 ESP
2012 30º Rally Serra Morena España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3 RS 3.6 ESP
2013 31. Rally Serra Morena España Surhayen Pernía España Juan Luis García Mitsubishi Lancer Evo X ESP
2014 32º Rally Serra Morena Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 ESP
2015 33º Rally Serra Morena España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3 ESP
2016 34º Rally Serra Morena España Cristian García España Rebeca Liso Mitsubishi Lancer Evo X ESP
2017 35º Rally Serra Morena España Cristian García España Rebeca Liso Ford Festa R5 ESP
2018 36º Rally Serra Morena España Miguel Ángel Fuster España Ignacio Aviñó Ford Festa R5 ESP
2019 37º Rally Serra Morena España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5 ESP
2021 38º Rally Serra Morena España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Škoda Fabia Rally2 evo SCER, ESP
2022 39º Rally Serra Morena España Pepe López España Borja Rozada Hyundai i20 N Rally2 SCER

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Palmarés". palmaressierramorena.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2021. 
  2. "Súper campeonato de Rallyes de España 2021: arranca una nueva era" (en castelán). 9 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  3. Clasificación final 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]