Raj Kapoor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raj Kapoor
Nacemento14 de decembro de 1924
LugarPeshawar
Falecemento2 de xuño de 1988
LugarNova Deli
Causaasma
NacionalidadeRaj Británico, Dominio da India e India
RelixiónHinduísmo
Educado enColonel Brown Cambridge School e St. Xavier's Collegiate School
PaiPrithviraj Kapoor
NaiRamsarni Kapoor
Cónxuxe(s)Krishna Kapoor
FillosRishi Kapoor, Randhir Kapoor, Rajiv Kapoor, Ritu Nanda e Rima Jain
Profesiónprodutor de cinema, director de cinema, guionista, montador e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0004292 Allocine: 202396 Allmovie: p187988
Musicbrainz: 0127104b-f1a3-425c-9423-736f61c0d93a Discogs: 2057517 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ranbir Raj Kapoor (en hindi, devanágari: राज कपूर; en urdú: راج کپور, Rāj Kapūr), nado en Peshawar (actualmente en Paquistán) o 14 de decembro de 1924 e finado en Nova Delhi o 2 de xuño de 1988, tamén coñecido como "o maior showman do cinema hindi",[1][2] foi un destacado actor, produtor e director do cinema da India.[3] Fillo do actor Prithviraj Kapoor foi un importante membro da familia Kapoor que deu varias grandes estrelas de Bollywood.

Kapoor está considerado un dos máis grandes e influentes actores e cineastas da historia do cinema.[4] Gañou varios premios incluíndo tres National Film Awards e once Filmfare Awards na India. O premio Filmfare honorífico recibe o seu nome. A súa interpretación en Awaara foi recoñecida como unha das dez mellores de todos os tempos pola revista Time.[5] Os seus filmes atraeron público de todo o mundo, especialmente en Asia e Europa. Foi chamado tamén "o Clark Gable da industria cinematográfica india".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "14th December 1924: Raj Kapoor, Indian actors and directors, was born". mapsofindia.com. 18 de febreiro de 2016. 
  2. "Raj Kapoor: The Greatest Showman". sulekha.com. 18 de febreiro de 2016. 
  3. "Raj Kapoor and the Golden Age of Indian Cinema". hcl.harvard.edu. 19 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2018. 
  4. Allmusic biography
  5. "All-Time 100 Movies". Time. 12 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  6. Film World. T.M. Ramachandran. 1965. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]