Nova Deli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nova Delhi»)

Coordenadas: 28°36′50″N 77°12′32″L / 28.61389, -77.20889

Nova Deli
नई दिल्ली
Delhi Montage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Nova Deli en India
Nova Deli
Nova Deli
PaísIndia India
EstadoTerritorio da capital nacional
Xeografía
Altitude216 msnm
Superficie42,7 km²
Demografía
Poboación249.998 hab. (2011)
Densidade5.854,7 hab./km²
Outros datos
Páxina oficial

Nova Deli (en hindi: नई दिल्ली, Nai Dilli) é desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi, e sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India. Está situada na metrópoles de Delhi e é un dos seus nove distritos.

A cidade foi planeada e construída como a cidade capital e foi chamada así cando os gobernantes ingleses mudaron a capital da India británica a esta cidade en 1911 desde Calcuta. Foi construída ao sur da antiga área urbana. Hoxe continúa sendo a capital da India independente.

Está situada dentro da metrópoles de Delhi e é unha das cidades de máis rápido crecemento no mundo cunha poboación de 14 millóns de habitantes. Nova Deli é un dos nove distritos de Delhi. A área total da cidade é de 42,7 km².

O Portón da India, situado no corazón de Nova Deli.
Templo do loto.

A planificación da cidade foi desenvolvida polo arquitecto Edwin Lutyens. A maior parte das institucións do goberno central da India aínda están situadas nesta área.

Nova Deli situada no centro de Delhi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.