Cinema musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filme musical»)
Cartel do filme The Jazz Singer.

Considérase cinema musical todas aquelas producións cinematográficas que ofrecen cancións ou temas musicais bailables nunha parte fundamental do seu desenvolvemento argumental. O concepto do espectáculo que impera en todos os aspectos da sociedade dos Estados Unidos alcanza un dos seus máximos expoñentes no cinema e, dentro del, nas elaboradas coreografías, as melodías inesquecibles e as obras mestras que deu o xénero musical.[1]

Serviu non só para que o cinema alcanzase a madurez técnica ao que sacrificaba o star system do cinema mudo. Serviu tamén para alumar un xénero que até entón tecnicamente non existía. Nos Estados Unidos de F. Scott Fitzgerald, que case viría abaixo co Crack, estreouse o primeiro filme sonoro (parcialmente) para que as melodías de Cole Porter, George Gershwin ou Irving Berlin se trasladasen das plateas elitistas das grandes cidades, aos salóns de cinema de calquera vila. The Jazz Singer foi o bautizo do xénero, que chegou e fixo explotar o sonoro, e fíxoo para quedar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017.