Presidente de Letonia
Aparencia

O presidente é o xefe de estado e o comandante en xefe das forzas armadas de Letonia. O Presidente é elixido polo parlamento (Saeima) por un mandato de catro anos. Ata o momento, todos os presidentes cumpriron dous mandatos no cargo excepto Gustavs Zemgals. En caso de ausencia, o Presidente do Parlamento asume o cargo de interinamente, caso que se deu trala independencia de Letonia da Unión Soviética, cando Anatolijs Gorbunovs exerceu como presidente desde 1991 ata 1993.
Esta é unha lista dos presidentes de Letonia despois de 1922.
Nome | Inicio de mandato | Final de mandato | Partido político![]() | |
1 | Jānis Čakste | 1922 | 1927 | Partido do Centro Democrático |
- | Pauls Kalniņš (presidente interino) | 1927 | 1927 | Partido Obreiro Socialdemócrata Letón |
2 | Gustavs Zemgals | 1927 | 1930 | Partido do Centro Democrático |
3 | Alberts Kviesis | 1930 | 1936 | Unión Letoa de Agricultores |
4 | Kārlis Ulmanis | 1936 | 1940 | Independente |
Letonia integrada na Unión Soviética | 1940 | 1991 | ||
- | Anatolijs Gorbunovs (Presidencia interina) | 1991 | 1993 | Independente |
5 | Guntis Ulmanis | 1993 | 1999 | Unión Letoa de Agricultores |
6 | Vaira Vīķe-Freiberga | 1999 | 2007 | Independente |
7 | Valdis Zatlers | 2007 | 2011 | Independente |
8 | Andris Bērziņš | 2011 | 2015 | Unión dos Verdes e dos Agricultores |
9 | Raimonds Vējonis | 2015 | 2019 | Partido Verde Letón |
10 | Egils Levits[1] | 2019 | 2023 | Independente |
11 | Edgars Rinkēvičs | 2023 | Presente | Independente |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Egils Levits, investido presidente de Letonia" (en castelán). 29 de maio de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019.