Saeima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Saeima, parlamento letón

Saeima é o nome do parlamento de Letonia.

É un parlamento unicameral de 100 membros. A súa elección é por método proporcional, cos escanos asignados aos partidos políticos que obteñen polo menos o 5 % dos votos. As eleccións realízanse cada 4 anos, no primeiro sábado de outubro. As últimas eleccións foron no 2002.

O presidente de Letonia pode disolver o parlamento e convocar eleccións anticipadas, aínda que o proceso é complicado e ningún presidente disolveu nunca o Saeima.