MV Britannic (1929)
| MV Britannic | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
|
Operador/a
| |||||||
| Produción | |||||||
|
Fabricante
| |||||||
| Características | |||||||
|
Velocidade máxima
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O MV Britannic (Motor Vessel Britannic), Tamén coñecido como RMS Britannic (Royal Mail Ship Britannic) foi o terceiro transatlántico da White Star Line en levar dito nome. Foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade norteirlandesa de Belfast. Botouse o 6 de agosto de 1929 e era case idéntico ó MV Georgic. Contaba cun motor diésel e desprazaba unhas 26 943 toneladas. No momento en que foi botado, era o barco británico de motor máis grande xamais construído.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiras viaxes
[editar | editar a fonte]O Britannic realizou a súa primeira viaxe na ruta Liverpool-Belfast-Glasgow-Nova York, o 28 de xuño de 1930. Polo xeral pasou os veráns na ruta do Atlántico Norte, mentres que nos veráns adicabase a ruta no Caribe. Estivo realizando este servizo ata que a White Star Line pasou a formar parte da Cunard White Star en 1934. No ano 1935, pasou a ruta Londres-Nova York na que estivo ata o comezo da segunda guerra mundial.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a guerra, o Britannic adicouse ao transporte de tropas, transportando uns 180 000 soldados durante toda a contenda. No ano 1948 volveu a ruta Londres-Nova York.
Servizo durante a posguerra
[editar | editar a fonte]En 1950, a Cunard White Star pasou a ser coñecida de novo como Cunard Line, deixando ó Britannic e ó Georgic como os únicos barcos en servizo da antiga White Star Line. Ambos os dous seguiron realizando as súas viaxes baixo a bandeira da desaparecida empresa durante o resto do seu servizo.
En xuño de 1950, o Britannic colidou co buque dos Estados Unidos, Pioneer Land.
A última viaxe
[editar | editar a fonte]As últimas viaxes do Britannic realizaronse na ruta Liverpool-Nova York, sendo o último transatlántico con bandeira da White Star Line en realizala[1] en novembro de 1960. A derradeira saída de Nova York realizouna o 25 de novembro de 1960, e arribou a Liverpool o 2 de decembro. A última saída dun barco da White Star Line desde Liverpool foi realizada polo Britannic o 16 de decembro de 1960. Ese mesmo ano, o Britannic foi retirado do servizo debido a fallos nos motores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RMS Britannic on White Star Line Archives 1931". Chriscunard.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 2009-07-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Britannic". Chris Frame's Cunard Page. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2010.
- The Great Ocean Liners: RMS Britannic
- Britannic on White Star Line History Website