José María Mosqueira Manso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de outubro de 1886 Ponteceso, España |
| Morte | 18 de maio de 1968 Caracas, Venezuela |
| Actividade | |
| Ocupación | ictiólogo, zoólogo, cartógrafo, historiador |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Enciclopedia Galega Universal |
José María Mosqueira Manso, nado en Corme, Ponteceso, o 17 de outubro de 1886 e finado en Caracas o 18 de maio de 1968, foi un ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador e mariño galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario de Santiago de Compostela entre 1894 e 1899. Fíxose humanista e home de letras, mares, microscopios e mapas. Durante a República foi capitán da Mariña Mercante e oficial da reserva naval española. Estudou a fauna mariña e fluvial das costas de España, Portugal e o norte de África. Foi axudante militar da Mariña en Viveiro e Ortigueira, subdelegado marítimo en Sevilla e subdelegado de Pesca na Coruña e Ribeira. En 1937, en plena guerra civil, exiliouse na República Dominicana nun dos barcos fretados por Rafael Leónidas Trujillo. Traballou para el como técnico pesqueiro, pero a represión que padecía a illa fixo que temera pola súa vida.
En 1940 conseguiu escapar a Venezuela, invitado polo ditador Marcos Pérez Giménez, co encargo de escribirlle unha novela favorable. Na novela, titulada La Catira, aparece retratado nunha das personaxes, o capitán Cerdeira. Foi o guía de Camilo José Cela por este país. Realizou un estudo sobre as tartarugas arrau do río Orinoco e trazou algúns dos mapas de Venezuela e da República Dominicana. En Venezuela participou na fundación do Lar Galego e colaborou na revista Galicia.
Morreu en Caracas en 1968, sen poder regresar a Galicia.
Obras
[editar | editar a fonte]- El patrón de cabotaje.
- Biología de la merluza.
- Las tortugas del Orinoco, Bos Aires: Editorial Citania, 1960.
- La cuna gallega de Cristóbal Colón, Bos Aires: Editorial Citania, 1961.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Mosqueira Manso, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago de Compostela: Galicia Hoxe. 2005. pp. 113–114. ISBN 84-8064-151-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A. Losada (13/5/2007). "Indagando nas vidas da Galicia americana" El Correo Gallego.