Río Susquehanna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Susquehanna
Susquehanna River
Harrisburg, Pennsylvania State Capital Building.jpg
Localización administrativa
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
DivisiónFlag of New York.svg Nova York
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania
Flag of Maryland.svg Maryland
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteAmérica do Norte
CuncaRío Susquehanna
Coordenadas42°42′02″N 74°55′10″O / 42.70056, -74.91944
Xeografía
AfluentesWest Susquehanna
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Chesapeake (desembocadura)
OutrosLago Otsego (nacemento)
Características
Superficie71 225 km²
Lonxitude máxima715 km
Altitude360 m
Capacidade1 135 /s
Mapa
Susquehanna River watershed.png
Mapa da conca do río Susquehanna

O río Susquehanna (en inglés Susquehanna River) é un río da vertente Atlántica dos Estados Unidos que nace no estado de Nova York, atravesa o de Pensilvania e desemboca na baía Chesapeake, en Maryland. É un dos ríos máis longos do leste da nación, con preto de 715 km de lonxitude. Drena unha conca de 71 225 km². Ten un importante afluente, o West Susquehanna, que se lle une pouco antes da cidade de Williamsport (Pensilvania).

O 11 de setembro de 1997 o presidente Bill Clinton designou o curso alto deste río como un dos catorce que integran o sistema de ríos do patrimonio estadounidense.

Curso[editar | editar a fonte]

O río Susquehanna orixínase como emisario do lago Otsego, no corazón do estado de Nova York, zigzagueando a través dos montes Apalaches antes de desaugar no interior da baía Chesapeake polo norte. Aínda que nunca foi unha importante vía fluvial debido aos seus obstáculos (como rápidos), o seu val foi algunha vez unha significativa ruta para o sistema acuífero do río Ohio e despois converteuse nunha rexión de extracción carbonífera.

O Susquehanna flúe desde a parte sueste do estado de Nova York cara á parte central do estado de Pensilvania.

Historia[editar | editar a fonte]

Moitos eventos clave na historia da chamada Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días tiveron lugar nas ribeiras do río, preto de Harmony, Pensilvania. Sentíndose perseguido en Palmyra (estado de Nova York), Joseph Smith levou á súa esposa a Harmony. Mentres estaba alí, Joseph e Oliver Cowdery continuaron a obra de traducir as chamadas "Pranchas de Ouro". O 15 de maio de 1829, mentres Joseph e Oliver traducían, atoparon unha pasaxe nas Escrituras que se refería ao bautismo. Tentando descifrar o que respecto diso vían como enigma na vontade de Deus, apartáronse ás ribeiras do Susquehanna para porse a orar. Segundo a tradición da citada Igrexa, «recibiron a visita dun anxo, quen se identificou como Xoán o Bautista, e conferiulles o Sacerdocio Aarónico». Posteriormente, seguindo o que eles crían instrución expresa do mensaxeiro celestial, bautizáronse mutuamente nas augas do río.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]