Conversa:Querela das mulleres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No orixinal hai un texto que non entendo, ten un problema de redacción que non souben solucionar. Puña "un debate planteando en Real Sociedade Matritense", traducino como "un debate expondo en Real Sociedade Matritense". Lles (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 11:24 (UTC)[responder]

Querela das mulleres por ámbito xeográfico[editar a fonte]

É incorrecto falar de Estado español. Agora aparece como penisular. Outra posibilidade sería reinos hispánicos. --Atobar (conversa comigo) 27 de febreiro de 2018 ás 17:15 (UTC)[responder]

@Atobar: discordo co teu cambio. A sección está falando do que hoxe é España. De feito no artigo orixinal en castelán pon España no título da sección. Se poñemos da península tamén estamos incluíndo a Portugal, que salvo o período no que estivo baixo do dominio dos monarcas españois, adoitou ir por libre de nós. Por outro lado falas de que o máis acaído era falar a nivel peninsular, pois ben me estás dando a razón, daquela o habitual era falar de España como aglutinante, e cito unha sección do noso artigo sobre España.
Identificación coas coroas de Castela e Aragón A medida que avanza a reconquista varios reis proclamáronse príncipes de España, tratando de reflectir a importancia dos seus reinos na península.[1] Trala unión dinástica de Castela e Aragón, comézase a usar nestes dous reinos o nome de España para referirse a ambos, circunstancia que, polo demais, non tiña nada de novedosa; así, xa en documentos dos anos 1124 e 1125, con motivo da expedición militar de Afonso I de Aragón por Andalucía, referíanse ao Batallador -que unificara os reinos de Castilla e Aragón tralo seu matrimonio con Urraca I- cos termos «reinando en España» ou reinando «en toda a terra de cristiáns e sarracenos de España».[2]

--AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 17:34 (UTC)[responder]

Querela das mulleres por ámbito xeográfico-2[editar a fonte]

Perdón por meterme. Pero o problema está nun problema de tradución. Cando nesas e noutras crónicas se traduce como España, normalmente, é por unha mala tradución e comprensión do vocábulo "Hispania", que debe traducirse como "península" porque é un concepto xeográfico derivado do que os gregos denominaban como "Iberia". Non é un concepto político. Por iso, dependendo da época, debería ser "península" e a partir dos Reis Católicos ou Carlos V, mellor como "reinos hispánicos". Nin sequera Filipe II, se denominaba "rei de España" e por iso, igualmente, seguirá aparecendo até moito tempo máis adiante "das Españas", porque é unha referencia xenérica aos reinos de Hispania (da península). Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 17:46 (UTC)[responder]

Grazas pola túa achega MAGHOI. Estou de acordo en que naquela época podería tratarse dunha mala tradución do termo, pero para o caso, ata que xorde o termo España como o coñecemos hoxe, entendíase como o mesmo que península, como ti ben apuntas. Hai ademais referencias da época en obras como Estoria de España de Afonso X o Sabio no que xa se usa ese termo. Daquela, e volvendo a que o artigo orixinal fala de España e non de "Estado español" (que ten unha clara connotación política) nin de "península", o axeitado sería deixar España, para deixar claro que na sección non se fala de Portugal. --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Querela das mulleres. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 15:20 (UTC)[responder]

  1. Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela, R. A. Fletcher.
  2. LEMA PUEYO, José Ángel, Alfonso I el Batallador, rey de Aragón y Pamplona (1104-1134), Gijón, Trea, 2008, pág. 199. ISBN 978-84-9704-399-1.