Bosques de algas
Os bosques de algas, ás veces chamados kelp polo nome en inglés, son un tipo de ecosistema mariño que está presente ao redor de colonias de algas; conteñen unha rica biodiversidade. As algas poden estirarse de 2 a 30 metros ou máis (até 60 m en Macrocystis pyrifera) desde as súas ancoraxes no fondo do mar até a superficie. Ofrece unha infraestrutura vertical que alberga moitas especies de peixes e invertebrados. Os bosques de algas adoitan tamén atraer visitantes de mamíferos, incluíndo baleas, leóns mariños, lontras mariñas e humanos que practican o mergullo.
Os bosques de algas levan o seu nome pola analoxía cos bosques terrestres.
Nalgúns lugares, os ourizos de mar comen tantas plantas de algas que o bosque de algas convértese nun deserto de ourizos. [1]
Arquitectura de ecosistemas
[editar | editar a fonte]As algas xigantes usan flotadores cheos de gas para manter a planta suspendida, o que permite que as láminas de algas próximas á superficie do océano capten a luz para a fotosíntese. A arquitectura dun ecosistema forestal de algas está baseada na súa estrutura física, que inflúe nas especies asociadas que definen a súa estrutura comunitaria. O ecosistema pode incluír cinco grupos de algas:
- As algas carpa (canopy) inclúen as especies máis grandes e adoitan constitúen doseis ou carpas flotantes que se estenden até a superficie do océano (por exemplo, Macrocystis e Alaria).
- As algas que forman talos estirados (stipitate) medran xeralmente a uns poucos metros sobre o fondo do mar e poden crecer en agregacións densas (por exemplo, Eisenia e Ecklonia).
- Os algas prostradas (prostrate) xacen preto e ao longo do fondo do mar (por exemplo, Laminaria).
- Os bentos están compostos por outras especies de algas (por exemplo, grupos funcionais filamentosos e foliosos, coralinos articulados) e organismos sésiles ao longo do fondo oceánico.
- As algas coralinas incrustantes cobren directamente e moitas veces extensamente o fondo oceánico.
Dentro dun bosque coexisten moitas especies de algas; o termo dosel ou carpa do sotobosque fai referencia ás algas estiradas (stipitate) e prostradas (prostrate). Por exemplo, unha carpa de Macrocystis pode estenderse moitos metros por riba do fondo do mar cara á superficie do océano, mentres que un sotobosque das algas Eisenia e Pterygophora alcanza só uns poucos metros cara a arriba. Debaixo destas algas, pode producirse un conxunto bentónico de algas vermellas foliosas. A densa estrutura vertical con copa superposta forma un sistema de microambientes semellantes aos observados nun bosque terrestre, cunha rexión de copa soleada, un medio parcialmente sombreado e o fondo mariño escuro. Cada grupo ten organismos asociados, que varían nos seus niveis de dependencia do hábitat, e a agrupación destes organismos pode variar coa morfoloxía das algas. Por exemplo, en California, os bosques de Macrocystis pyrifera, os nudibranquios ou lesmas de mar, Melibe leonina, e o camarón esqueleto, Caprella californica, están estreitamente asociados coas copas de superficie; a perca de algas Brachyistius frenatus, o peixe Sebastes spp. e moitos outros peixes atópanse no sotobosque estipitado; gradicelas (Ophiuroidea) e caracois turbante Tegula spp. están intimamente asociados co bosque de algas, mentres que varios herbívoros, como os ourizos de mar e o abalón, viven baixo o a carpa prostrada; moitas estrelas mariñas, hidroides e peixes bentónicos viven entre o bentos; corais solitarios, varios gasterópodos e equinodermos viven sobre as algas coralinas incrustantes. Ademais, os peixes peláxicos e os mamíferos mariños están vagamente asociados cos bosques de algas, normalmente interactuando preto dos bordos mentres os visitan para alimentarse de organismos residentes.
Notas
[editar | editar a fonte]
- ↑ "Otters and urchins at bay". UCSD.edu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.